O abandono de Feijóo aos traballadores fai de Galicia a comunidade con máis EREs

O abandono de Feijóo aos traballadores fai de Galicia a comunidade con máis EREs

O abandono de Feijóo aos traballadores fai de Galicia a comunidade con máis EREs

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández afirmou hoxe que as “inexistentes políticas activas de emprego de Núñez Feijoo, teñen como consecuencia que a nosa Comunidade foi na que mais creceron os Expedientes de Regulación do Emprego (ERES) durante o pasado ano 2011”. 

O deputado explica que segundo consta no Boletín de Estatísticas Laborais do Ministerio de Traballo e Inmigración, o número de traballadores/as afectados por un  Expediente de Regulación de Emprego no ano 2011 foi de 22.829 e que, con respecto ao ano anterior (13.186 traballadores afectados). Dixo que estas cifras supoñen un “acusado aumento do 73,13 %”, situándose á cabeza dos aumentos das CCAA.

No que se refire ao total do Estado “esta variación sitúase no 13 %”. Coas cifras na man advirte que “o aumento foi 6 veces superior para Galicia, que para o conxunto do Estado”. No que se repecta ao número de expedientes autorizados, Galicia alcanzou o seu máximo histórico con 1.669, que representa o 7,91 % do total de España. E con respecto ao ano 2008 “o aumento para Galicia foi do 250 %”.

Por todo isto Miguel Angel Fernández anunciou que rexistrou unha interpelación no Parlamento na que reclama coñecer “a que atribúe a Conselleira de Traballo e Benestar que Galicia sexa a Comunidade con mais expedientes de regulación aprobados?”. E tamén “cales son as medidas que o Goberno Galego ten previstas poñer en practica para evitar que Galicia siga mes tras mes a Comunidade que mais emprego esta a destruír a través de Expedientes de Regulación de Emprego?.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar