O 93,2 por cento dos novos contratos en Galicia son precarios

O 93,2 por cento dos novos contratos en Galicia son precarios

O 93,2 por cento dos novos contratos en Galicia son precarios

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, reclamoulle hoxe “seriedade” á Xunta para “recoñecer que os novos contratos realizados dos que presumen teñen unha taxa de precariedade dun 93,2 por cento, polo que menos de unha de cada dez persoas contratadas é fixo”.

Sinalou así que mesmo o descenso estacional do desemprego, habitual nos meses de verán, ten perdido forza en Galicia. Así, a diminución do desemprego é mesmo un 27 por cento inferior á producida no mesmo mes de xuño dos dous anos anteriores, e sitúa o paro rexistrado un 4 por cento por enriba do mesmo mes do ano 2011, en plena crise económica.

Igualmente continúan a rebaixarse o grado de cobertura das persoas beneficiarias por desemprego, que son 30.000 menos que hai catro anos, cun menor gasto mensual de 40 millóns de euros en relación a hai catro anos.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego “unha mínima autocrítica e grandes doses de humildade” para recoñecer os datos do Foro Económico de Galicia, que hoxe avisaron de que Galicia crece “moi por detrás de España” e rexistra o peor diferencial da última década.

Engadiu que “os datos constatan que a recuperación da que presume o goberno galego ten os pés de barro, esta non é a recuperación que queremos, baseada exclusivamente en contratos precarios e lastrada por un descenso da actividade económica”. Aínda así, dixo, “hoxe Galicia ten 90.500 persoas menos afiliadas á Seguridade Social que cando Feijóo accedeu á Presidencia da Xunta de Galicia”.

Advertiu que a pésima xestión de Feijóo provocou que Galicia fora no primeiro trimestre do ano, e segundo datos da EPA, a segunda Comunidade Autónoma na que mais aumentou o paro, só por detrás de Baleares.

Maquillaxe

Quintas dirixiuse ao goberno galego para recomendarlles que “aforren os grandes esforzos que fan para maquillar uns datos incontestables e se centren en impulsar a actividade económica e a creación de emprego de calidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar