"O 22 de Maio é o momento de pararlle os pés a un PP despiadado coas políticas sociais"

"O 22 de Maio é o momento de pararlle os pés a un PP despiadado coas políticas sociais"

"O 22 de Maio é o momento de pararlle os pés a un PP despiadado coas políticas sociais"

Viveiro, 15 de maio de 2011.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez afirmou hoxe que o 22 de maio “non só eliximos alcaldes, senón que é o momento de pararlle os pés a un PP despiadado coas políticas sociais”. Así o dixo en Viveiro, onde xunto ao vicesecretario do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, arroupou ao alcalde e candidato á reelección, Melchor Roel.

Vázquez puxo a Roel como exemplo de boa xestión municipal e destacou a satisfacción de dirixirse aos veciños e veciñas de Viveiro “aos que lles vimos a pedir o voto cos nosos deberes feitos”. Expresou a súa convicción de que Roel seguirá sendo alcalde “porque é un home traballador, que vai de fronte aos problemas, e cuxo mundo xira entorno ao seu concello”.

Contrapuxo isto co o PP “que representa o retorno ao pasado e mirar para atrás” e por elo, afirmou, “o PP non vai gobernar en ningunha das grandes cidades, como din as enquisas”. Fixo por elo un chamamento á mobilización do electorado “porque se somos capaces de aglutinar o voto progresista, se nos unimos e nos mobilizamos, os socialistas podemos acadar un éxito histórico o 22 de maio”.

Asegurou que Feijóo “fala de política local cando a descoñece” e lamentou que “para Feijóo a política local é política menor, mentres que para os socialistas é a política maior, porque é o lugar máis próximo aos cidadáns”.

Por elo, dixo “chegou o momento de pararlle os pés a un PP despiadado coas políticas sociais” e avogou por “defender con orgullo as nosas políticas municipais, e aumentar a confianza para seguir gobernando para máis do 60 por cento de homes e mulleres deste país”.

Censurou así os ataques de Feijóo á educación e sanidade públicas, e criticou a austeridade de Feijóo “que só se aplica aos servizos públicos, ao seguro colectivo do mar ou á pensión das mariscadoras”. “Mira que non haberá onde recortar” – ironizou Vázquez, á vez que propuxo “que faga estes recortes mentres gasta en publicidade ou en asesores. “Aí é onde ten que aplicar a austeridade”, subliñou.

Esixiu a Feijóo “menos leccións e máis recursos para os concellos” e lembroulle que “cando centos de homes e mulleres votan a partidos progresistas, teñen que ter gobernos progresistas”.

“Para o PP todo o chan é edificable, senón botan metros cúbicos de formigón, non funcionan”, dixo. Contrapuxo isto coas políticas socialistas “porque somos o partido da calidade de vida e das persoas, e agora toca investir en emprego e en dereitos sociais”.

Pola súa parte, o candidato á reelección sinalou que Pachi Vázquez “é un mestre de alcaldes, que ensinou dende Ourense como se debía gobernar fronte a un Baltar que xa nomeou herdeiro”.

Roel criticou a proposta de Feijóo de reducir os salarios dos alcaldes e lembrou que “se cobro menos, cobrarei por debaixo do salario mínimo interprofesional, que reduza os salarios o PP, que ten alcaldes que gañan 50.000 euros ao ano en concellos de 1.300 habitantes”.

A cada mentira, unha licitación
O vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, demandou ao PP “que deixe os contos” e ironizou co lema de campaña do PP “centrados en ti”, ao afirmar que “Feijóo está centrado en Zapatero e en botarlle a culpa de todo”.

Así, apuntou que fronte á “parálise e lamentos” da Xunta “temos que gobernar aínda en máis cidades e vilas para ser os auténticos propulsores do desenvolvemento”.

Criticou que o Goberno de Feijóo “nin entende nin sinte nin quere a esta terra”, polo que “fronte á maior aposta en infraestruturas da historia, o que lle pido á Xunta é que nin aplauda nin axude, pero que alomenos non poña máis dificultades, que cale e deixe de enganar”.

“Non vou caer en polémica. Acada mentira, vou responder cunha licitación. A cada mala palabra, cun feito, e a cada palo na roda, con novos quilómetros”, como ao acabar eeste mes cun novo tramo da autovía do cantábrico. Anunciou que a finais deste ano chegará o primeiro AVE a Galicia “e invitarei a Rajoy, para que vexa o que el non fixo que fixemos nos, os socialistas”.

Animou aos cidadáns a votar o 22 de maio “contra o sectarismo de Feijóo que axuda aos concellos en función da súa cor política. Hai que dicir que non ao sectarismo, a través das urnas”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar