Nula sensibilidade da Xunta en vivenda pública

Nula sensibilidade da Xunta en vivenda pública

Nula sensibilidade da Xunta en vivenda pública

VivendaO responsable da Área de Territorio do Grupo socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu hoxe “ningún avance” nos orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que xestiona 370 millóns en 2016, menos do 4 por cento do orzamento real. Na comparecencia da conselleira en Comisión Parlamentaria, emprazou a “ver si se van executar ou pasará o de sempre e deixarán unha porcentaxe altísima sen executar”.

O responsable socialista sinalou que “a sensibilidade en materia de vivenda pública do goberno galego é escasísima tendendo a nula”. Advertiu que “parece que os 51 millóns destinados a vivenda soben comparados coa liquidación, morte e enterramento” aos que Feijóo someteu a política de vivenda pública, pero continúan a estar moi por debaixo dos 210 orzamentados no ano 2009.

Lamentou que o goberno galego destine só 2,45 millóns de euros de recursos propios para axudar ás familias que o precisan, incluíndo as mais de 2.000 que perderán a súa vivenda por desafiuzamento neste ano 2015 o 70 por cento delas por imposibilidade de pagar o aluguer. Mentres, a Xunta renuncia a poñer “nada” para o plan de Aluguer, que é financiado exclusivamente en base aos fondos aportados polo goberno central, 3,489 millóns de euros.

A política de vivenda do goberno galego culmina, dixo, cos 2 millóns de euros os que o goberno galego destina a rehabilitar os “40 ou 50 cascos históricos” que necesitan intervención en toda Galicia.

Infraestruturas

Sánchez Bugallo advertiu que o incremento dos orzamentos para infraestruturas, que aumentarán 9 millóns de euros, “coincide exactamente co pago do canon pola autovía de Carballo entre o 1 de agosto e o 31 de decembro -9,158 millóns de euros-”.

Do total de 245 millóns destinados á Axencia Galega de Infraestruturas, explicou, 47,5 serán absorbidos polos pagos de peaxes na sombra de obras xa realizadas, 42,5 para conservación e mantemento, e 45 transferidos ás “débedas do pasado” na Sociedade Pública de Investimentos –básicamente a autovía Alto de Santo Domingo – Ourense-,, polo que o investimento real será de tan só 100 millóns de euros.

O responsable socialista criticou ademais as partidas “absolutamente insuficientes” para as obras comprometidas da autoestrada entre A Ramallosa e A Estrada, que recibe 500.000 euros que “non dan nin para facer o proxecto”, a VAC Tui – A Guarda e a estrada Santiago – Santa Comba, “que non reciben nada”, ou as estacións intermodais de Santiago e A Coruña, que apenas reciben 800.000 euros sete anos despois de ser comprometidas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar