Nula receptividade de Xunta, goberno central e Bruxelas ás demandas do sector lácteo galego

Nula receptividade de Xunta, goberno central e Bruxelas ás demandas do sector lácteo galego

Nula receptividade de Xunta, goberno central e Bruxelas ás demandas do sector lácteo galego

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “nula receptividade” co sector do leite galego demostrada “nos despachos de San Caetano, no goberno central e en Bruxelas”. Logo da Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia, dixo que “o clamor ten que ser escoitado”, logo de que mais da metade do sector teña saído ás rúas de Lugo e Santiago.

O responsable socialista dixo que a negativa de Bruxelas, que no Consello de Ministros de onte negouse a subir o prezo de intervención, evidencia o “fracaso da minista de Agricultura e a febleza da conselleira”. Reclamou a comparecencia de Feijóo no próximo Pleno para dar conta da situación dos produtores galegos de leite, abandonados polo seu propio goberno cando acumulan a maior parte da produción do Estado.

Méndez Romeu criticou que o presidente da Xunta se teña dirixido aos produtores a través dunha nota de prensa, “sen que conste unha soa xuntanza coa Plataforma”. Acusou a Feijóo de estar “ausente xusto cando o sector necesita do seu liderado, como lle temos esixido os socialistas dende hai un ano” para defender a un sector estratéxico e responsable de “manter a vida rural galega”.

Os socialistas galegos reclamaron a comparecencia de Feijóo para dar conta tanto da situación do sector lácteo como do polémico traslado ao novo hospital de Vigo, unha petición rexeitada polo PP, quen presentou a cambio as comparecencias das conselleiras de Medio Rural e Sanidade.

Méndez Romeu criticou que Feijóo se agoche detrás dos “peóns mais queimados e mais abrasados” que utiliza como “pararraios” malia que se teñan demostrado “incapaces de ofrecer solucións”.

Hospital de Vigo

O responsable socialista urxiu a presenza do presidente da Xunta para dar conta ademais da “suma de despropósitos” que supuxo a construción do novo Hospital de Vigo, que “cristalizou no esperpéntico proceso de posta en marcha” por “subordinar os intereses asistenciais ao calendario electoral”. Este rematou co goberno denunciado xudicialmente tanto polo proceso de adxudicación como por un posible homicidio imprudente.

Os socialistas galegos empregarán a sesión de control ao presidente da Xunta que terá lugar no primeiro Pleno do curso político para preguntarlle pola situación da sanidade de Vigo, que provocou que mais da metade da cidadanía saíra ás rúas para protestar diante dun “presidente insensible” ás súas necesidades sanitarias.

O próximo Pleno do Parlamento incluirá tamén unha pregunta oral polas irregularidades detectadas no proceso de licitación da contratación do servizo de transporte sanitario, así como unha proposición de Lei dos socialistas para modificar a Lei de servizos sociais de Galicia e introducir os concertos sociais.

Os socialistas presentarán tamén unha interpelación sobre os problemas da flota de cerco galega provocados polas novas cotas de captura decretadas, así como dúas mocións sobre a retirada das competencias en materia de servizos sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes e diversas medidas en materia de administración local.

Méndez Romeu anunciou que o próximo Pleno incluirá unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno a restauración das condicións laborais e materiais dos centros educativos públicos de ensino non universitario. Tamén será debatida unha pregunta oral sobre o incumprimento das condicións de saneamento da auga potable na área de Ferrolterra.

Os socialistas galegos presentarán unha interpelación para reclamarlle ao goberno galego un balance da aplicación da Lei de Protección do Litoral e unha proposición non de Lei para que a Xunta solicite a anulación do cobro do “roaming” telefónico para os cidadáns empadroados nos concellos da raia con Portugal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar