Novos vídeos coa cara máis amable de Xoaquín F. Leiceaga e a ironía de Xuventudes

Novos vídeos coa cara máis amable de Xoaquín F. Leiceaga e a ironía de Xuventudes

Os socialistas galegos culminan hoxe a súa campaña nas redes cunha batería de vídeos por unha parte amosando a cara máis próxima do candidato socialista, Xoaquín F. Leiceaga, e por outra desmontando os mitos sobre Galicia e comparando o tópico de que en Galicia sempre chove coa idea de que en Galicia só pode gobernar o PP.

O candidato socialista preséntase nestes vídeos en primeira persoa para ofrecer unha resposta nova ás persoas que o necesitan e para conseguir que Galicia mellore logo dos oito anos de recortes e privatizacións de Feijóo. Fernández Leiceaga subliña que o voto é unha “ferramenta indispensable para cambiar as cousas e apoiar ao cambio serio, responsable e sereno que só podemos garantir os socialistas”.

Os socialistas galegos presentan ademais un novo vídeo electoral que xoga cos mitos sobre Galicia, desta volta comparando o tópico de que en Galicia sempre chove, logo dun dos veráns máis cálidos da historia, coa idea preconcibida de que en Galicia só pode gobernar o PP.

Lembrando que en galego hai máis de 70 palabras para definir a choiva, o vídeo ofrece imaxes dunha Galicia soleada para animar a votar socialista o próximo domingo e rematar definitivamente coa idea de que en Galicia só pode gobernar o PP.

A gaivota de Feijóo

Xuventudes Socialistas de Galicia tamén rematan hoxe a súa intensa campaña electoral nas redes culminando a serie de vídeos en ton irónico coa historia narrada por unha triste gaivota, que representa ao logo do PP, que presenta imaxes da súa vida con Feijóo e defraudada porque, por primeira vez, ela e o seu partido non o acompañan no cartel electoral.

“Hai que ver o que privatizamos!”, laméntase o triste animal nesta peza, que remata desvelando cómo o candidato do PP mantén unha fotografía coa súa compañeira gaivota na mesilla de noite.

“Hai amores para toda a vida. Non nos enganan. Por moito que o agoche, Feijóo é a dereita. Feijóo é o PP”, pechan o vídeo as Xuventudes Socialistas que piden o voto para rematar cos gobernos do PP e acompañaron o lanzamento cunha campaña en redes baixo o hashtag #AsGaivotasDeFeijoo.

Os vídeos poden verse nas canles de Youtube do PSdeG e de Xuventudes Socialistas de Galicia e nos seguintes enlaces directos:

Vota sen medo á democracia
Aprendemos dos nosos erros e renovámonos
En Galicia sempre chove
As Gaivotas de Feijóo

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar