Novo veto do PP á comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción

Novo veto do PP á comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción

Novo veto do PP á comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción

A portavoz de Interior do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou hoxe o novo veto do PP á permitir a comparecencia de Feijóo e de calquera membro do goberno galego na Comisión de Estudo da Corrupción. Así o dixo logo do debate da Mesa de dito órgano na que o PP rexeitou tódalas peticións de ampliación de comparecencias.

 

Sestayo acusou ao PP de ter imposto un plan de traballo unilateral nun órgano creado a petición dos socialistas galegos “para elaborar agora unhas conclusións exclusivamente de parte” convertendo “unha gran oportunidade para loitar contra a corrupción nun mero paripé”. Os socialistas galegos volverán a pedir a comparecencia do presidente da Xunta na sesión da Comisión convocada para o próximo luns.

 

A responsable socialista asegurou que “a negativa de Feijóo a dar a cara” rexeitando tódalas solicitudes de comparecencia con relación a este tema tanto neste órgano como no Pleno do Parlamento “evidencia que ten moito que agochar”. Así o sinala a actitude do presidente da Xunta con respecto ao que está a ser coñecido sobre o financiamento irregular do seu partido como sobre a súa relación cun narcotraficante.

 

Criticou que a obsesión polo agochamento por parte do presidente da Xunta leve a unha “falla de transparencia” e unhas mostras de “autoritarismo” na Cámara autonómica que “van contra a saúde da nosa democracia” da que demostran ter “unha concepción bastante cativa”.

 

A parlamentaria socialista sinalou hoxe que o PP ten vulnerado o seu propio compromiso de incluír nova comparecencias logo do parón da Comisión no verán, vetando hoxe tanto a presenza do presidente da Xunta como as do vicepresidente do goberno galego, os conselleiros de Facenda e Territorio ou mesmo a do presidente da Fegamp, entre outras.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar