Novo estatuto dos traballadores que priorice o emprego de calidade

Novo estatuto dos traballadores que priorice o emprego de calidade

Novo estatuto dos traballadores que priorice o emprego de calidade

A secretaria federal de Emprego do PSOE, Luz Rodríguez, anunciou o compromiso do Partido Socialista de elaborar, en canto goberne, un novo Estatuto dos Traballadores que recupere o diálogo social, que sexa un verdadeiro catálogo de dereitos e que xire en torno a dous eixos: o de acadar empregos e que sexan de calidade e o de recuperar o equilibrio nas relacións laborais entre empresarios e traballadores.

Estas declaracións realizounas Rodríguez esta mañá precisamente na cidade coa maior taxa de taro de toda Galicia, Ferrol, no marco dunha asemblea aberta sobre emprego na que tamén estiveron presentes, entre outras e outros responsables socialistas, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, e a secretaria xeral do Partido Socialista de Ferrol e candidata á Alcaldía, Beatriz Sestayo.

Rodríguez, que destacou o carácter obreiro e profundamente sindicalista de Ferrol, manifestou que o Partido Socialista está construíndo un proxecto de país, e iso, dixo, “non se fai nos despachos, senón entre a xente, coa xente, escoitando os seus problemas e tamén propoñendo solucións”.

“Queremos recuperar o orgullo de ser traballador e traballadora e de ser sindicalista”, manifestou a secretaria de Emprego, para a que as elevadísimas cifras de paro e de persoas que non perciben prestación ningunha, de pobreza infantil e de mozos e mozas que “unicamente teñen como alternativa dúas ventanillas: a da oficina de desemprego e a da fronteira doutro país ao que marchar porque no noso non hai traballo”, son intolerables.

Fronte a isto, subliñou, o PSOE aposta como eixo central polo emprego e, para iso, está a celebrar asembleas abertas, como a de hoxe na cidade naval, nas que o obxectivo pasa por recoller as opinións, inquedanzas e propostas da cidadanía e achegar os proxectos nos que está a traballar o Partido Socialista.

Así, con esta “doble mirada”, a de mirar a un futuro mellor pero sempre atendendo ás pedras que nos vamos atopando no camiño, Luz Rodríguez explicou non so a necesidade de elaborar un novo Estatuto dos Traballadores, posto que o actual “xa non hai quen o recoñeza despois de reforma tras reforma e de terse convertido no estatuto do empresariado”, senón que tamén é fundamental desenvolver outras medidas, como o incremento do salario mínimo interprofesional.

A este respecto, Rodríguez defendeu esta medida como “motor da subida salarial”, posto que na actualidade e debido á Reforma Laboral do Partido Popular, a mitade das persoas que están traballando son menos que mileuristas.

Esta proposta plantexada ao Goberno central, como indicou, consiste en subir este ano un 5% o salario mínimo, para pasar “nun tempo razoable” dos 645 euros de hoxe aos 900 que os socialistas pretenden porque, segundo afirmou, “se hai renta para o consumo, producirase un crecemento económico e de empregro”.

Pola súa banda, a secretaria xeral ferrolá e candidata á Alcaldía, apostou, como principais motores de creación de emprego na cidade, polo naval –coa construción dun dique flotante ao que tamén se comprometeu publicamente Luz Rodríguez como peza clave para garantir os postos de traballo no sector- e a creación dun Centro Tecnolóxico para o naval no CIS ou a dinamización do pequeno comercio e a potenciación e axudas activas aos autónomos e aos mozos e mozas emprendedores.

“Ferrol ten que deixar de ser unha cidade pantasma para convertirse nunha cidade viva”, destacou Beatriz Sestayo, para a que os servizos públicos –con especial fincapé na sanidade e servizos sociais- “machacados polo PP” tamén deben ser fonte de emprego.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar