Nove meses de bloqueo na entrega en Galicia de alimentos procedentes do Fondo Europeo de Axuda

Nove meses de bloqueo na entrega en Galicia de alimentos procedentes do Fondo Europeo de Axuda

Nove meses de bloqueo na entrega en Galicia de alimentos procedentes do Fondo Europeo de Axuda

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego denunciou hoxe o “bloqueo” durante nove meses da entrega de alimentos en Galicia dentro do Fondo Europeo de Axuda Alimentaria. Así o dixo logo de que a directora xeral de Familia e Inclusión da Xunta confirmara, en resposta a unha pregunta do PSdeG en Comisión, que a primeira achega non chegará ata xuño.

Gallego lembrou que a última achega foi entregada en outubro do ano pasado, co que as entidades e os concellos encargados de repartir as axudas estarán nove meses sen prestar axuda ás persoas con mais necesidades. Lembrou que as achegas estaban a ser realizadas en tres anualidades, febreiro, xuño e outubro, si ben este ano faranse en xuño, novembro e xaneiro do ano 2016.

Criticou o desleixo do goberno galego, que “non sabe a estas alturas qué entidades sociais serán as encargadas de facer o reparto das axudas” e “aínda non sabemos qué papel xogarán os concellos no novo período 2014 – 2020”.

Unha situación “lamentable” que se une aos retrasos nos repartos e á redución paulatina de fondos –o novo período contará con 33 millóns de euros menos de orzamento- e a exclusión de boa parte dos produtos, coincidindo co incremento das persoas en risco de exclusión.

Alimentos eliminados

Sinalou así que o fondo pasou no ano pasado de 14 a tan só 9 produtos, eliminando da cesta alimentos tan importantes como o aceite, os garavanzos, o queixo, a froita en conserva sen azucre engadido e os cereais infantís.

Gallego advertiu que este recorte prodúcese no peor momento para milleiros de familias galegas, co 24 por cento do total da poboación -mais de 672.000 persoas- en risco de pobreza e exclusión social, de acordo coa taxa Arope, e cos concellos sen recursos para afrontar este tipo de situacións de emerxencia. Mentres, a Xunta “non pon un euro” neste plan, que é cofinanciado entre a UE -85 por cento- e o Estado -15 por cento-.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar