Acusan á Xunta de “facer todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego”

Concepción Burgo sinala que os “continuos recortes” da Consellería “poñen en perigo todo o traballo desta institución” A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de “facer todo o posible para terminar co Centro Dramático Galego”. Burgo presentou unha pregunta na Comisión de Cultura do Parlamento na que esixiu á Xunta que dea conta das accións previstas para potenciar o ente logo de despedir... Ler máis
Acusan a Feijóo de “mentir” porque “o estado non ten feito absolutamente nada para solucionar o drama das preferentes”

Juan Carlos Francisco sinala que a Comisión Europea e Almunia “dificilmente poden bloquear unha proposta que non lle teñen enviado dende o Goberno central” Reclámalle ao presidente da Xunta que remita unha proposta considerando aos estafados “como depositantes e non como investidores” para abrir a devolución dos cartos bloqueados por NGB O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou hoxe ao presidente... Ler máis
Reclaman á Xunta que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores

Fernández Leiceaga advirte da incerteza xerada aos estudantes destas especialidades e reclama a integración de estudos para incrementar a súa competitividade O portavoz de Educación e Universidade do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle á Xunta “que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Cultura celebrada... Ler máis
Rexeitan a suba de taxas e a redución de plantas xudiciais porque crean desigualdade social, afastan a xustiza das persoas con menos recursos e do medio rural

Constituíuse un grupo de traballo con xuristas, representantes profesionais e alcaldes e portavoces do PSdeG-PSOE Laura Seara, Coordinadora de Institucional e Participación e Marta Giráldez, Secretaria de Dereitos e Liberdades da Executiva do PSdeG-PSOE acusan ao Gallardón de pretender instaurar un sistema de acceso á xustiza en base ao nivel económico Esixen a Feijóo e a Rueda que pidan ao Goberno de Rajoy que non aplique estes proxectos... Ler máis
O traslado da nova Edar de Santiago pode acabar repercutindo no recibo dos veciños polo alto risco de que se perdan os fondos comunitarios

O parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, preguntou en Comisión ao Director Xeral de Augas sobre este asunto. Menéndez recoñeceu que andaban xustos nos prazos, pero que non contemplaban non rematar antes de decembro de 2015 data tope de Bruxelas Leiceaga advirte de que a nova avaliación de impacto ambiental, cunha media de dous anos de tramitación, pon en risco o cumprimento dos prazos. Critica á Xunta de non ter unha provisión... Ler máis
Censuran o pésimo nivel de execución dos orzamentos por parte da Consellería de Pesca

A Xunta recoñece no Parlamento que non vai executar a totalidade dos fondos comunitarios, o que, dixo Soneira, aboca a Galicia á devolución das axudas Marisol Soneira salienta que só foi capaz de investir o 28,76 por cento do seu orzamento correspondente a 2011, deixando sen executar 137 millóns Lembra que o Goberno central “fixo desaparecer a pesca dos orzamentos de 2012” e suprime as aportacións á seguridade dos atuneiros que faenan... Ler máis
O peche masivo de camas e as dificultades de acceso á sanidade provocadas pola Xunta “dispara a demanda de urxencias”

Carmen Acuña denuncia que a Xunta “non só recorta a sanidade senón que tamén recorta a liberdade” ao impedir unha rolda de prensa dos traballadores do Hospital de Ourense Carmen Acuña sinala que o decreto de recortes do Goberno desprazará ás urxencias aos pacientes non atendidos na atención ordinaria A Xunta admite disfuncións no transporte sanitario programado pero Carmen Acuña cuestiona que a Fundación 061 sexa o ente axeitado para... Ler máis
O PSdeG consigue un acordo parlamentario para darlle unha solución aos veciños de Taramancos-Noia

Lage Tuñas demandou “solucións para que non quede ningunha vivenda aillada na aldea de Taramancos” O deputado do PSdeG José Manuel Lage levou á comisión 2ª do Parlamento (obras públicas, medio ambiente, infraestructuras) a problemática dos veciños de Taramancos-Noia e consigue un acordo para “atopar unha solución evitando que ningunha vivenda quede aillada” ”Estarei vixiante para que agora a Xunta cumpla o acordo do parlamento... Ler máis
A Xunta provocou o incremento dos abortos en Galicia nun 70 por cento ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva

Carmen Cajide reclama un informe sobre as medidas de educación sexual e acceso a métodos anticonceptivos A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, dixo que a Xunta ten provocado un incremento do 70 por cento dos abortos en Galicia entre 2008 e 2010 ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, advertiu que no mesmo período no resto do Estado o número de... Ler máis
Tildan de “cortina de fume” o anuncio de creación da Axencia Tributaria Galega

María José Caride lembra que a Xunta aproveitou a Lei de Acompañamento aos orzamentos de 2011 para “rebautizar” a Dirección Xeral de Tributos como Axencia Tributaria A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, cualificou de “cortina de fume” o anuncio do presidente da Xunta de creación dunha Axencia Tributaria Galega cando a realidade é que xa fora creada na Lei de Acompañamento aos Orzamentos de 2011,... Ler máis
Denuncian a redución do 25 por cento nas partidas para gastos ordinarios dos centros educativos de infantil e primaria

Fernández Leiceaga advirte que a Xunta non destina achegas suplementarias para centros que escolarizan a alumnos con dificultades motrices ou con necesidades específicas mentres destina 600.000 euros para centros concertados O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe dunha minoración do 25 por cento nas partidas da Xunta para gastos ordinarios dos centros educativos de ensino infantil e primaria entre... Ler máis
Acusan a Feijóo de “mentir” para situar a Almunia como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico coa fraude das preferentes

Juan Carlos Francisco sinala que o presidente da Xunta é quen ten que xestionar co Goberno de Rajoy unha proposta de solución ao conflito O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou a Feijóo de “mentir” para “desprenderse da súa responsabilidade” e utilizar ao comisario da Competencia da Comisión Europea, Joaquín Almunia, como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico... Ler máis
Esixen á Xunta medidas para evitar a discriminación dos maís de 140.000 usuarios concertados con Povisa

O parlamentario socialista, Modesto Pose, esixiu responsabilidade á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola mala evolución das listas na Área sanitaria de Vigo, onde en torno ás 600.000 persoas esperan 27 días máis ca media de Galicia para ser atendidos no CHUVI. Os 140.000 adscritos a POVISA sofren esperas máis elevadas, que chegan aos 135 días para operarse. 60 días máis que a media galega O parlamentario socialista, Modesto... Ler máis
Acusan á Xunta de implantar unilateralmente o copago no centro de Saiar de Caldas de Reis

Beatriz Sestayo acusa á conselleira Mato de executar con este centro a súa “folla de ruta para cobrar polos dereitos dos cidadáns” A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou á Xunta de implantar o copago no centro de Saiar de Caldas de Reis de xeito unilateral. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que acusou ao goberno galego de executar con este centro a súa “folla... Ler máis
Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos a Pemes ao 1 por cento

Reclámalle a Feijóo que “deixe de ser o presidente do paro e do ataque á sanidade e a educación pública” e esixe que “tome decisións en políticas de emprego ou deixe paso a quen quere tomalas” O líder socialista insiste na necesidade do cese do Valedor porque “xa non defende ao pobo” O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, propuxo a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia “que funcione como un banco... Ler máis
O PP reduce do orzamento estatal para a Real Academia Galega en máis de 300.000 euros

Guillermo Meijón, autor da emenda do PSOE que pedía incrementar o orzamento da RAG até alcanzar 1 millón de euros, destaca que “o desprezo polas linguas autonómicas está no ADN do PP de Rajoy e Feijoo” Critica que a achega da Xunta á RAG é menos da metade que a do Estado, e sinala que o grupo popular do Parlamento galego terá oportunidade nos próximos días de votar a favor unha PNL do grupo socialista que trata de igualar ambos os orzamentos... Ler máis
Acusan á Xunta de “recortar no ensino precisamente cando a xente necesita estudar”

Xoaquín Fernández Leiceaga advirte que o recorte empeorará a calidade do ensino e advirte que “a austeridade sen crecemento só trae máis austeridade e perder as eleccións, como sucedeu en Francia” O portavoz de Ensino do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe á Xunta de amosarse “dispostos a poñer menos diñeiro precisamente cando a xente está mais necesitada de estudar”. Así o dixo no debate dunha Interpelación... Ler máis
Acusan á Xunta de estar a abrir unha fenda social de orixe ideolóxica co recorte aos concellos do 80% do Plan Concertado de Servizos Sociais

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusa aos gobernos populares de aplicar recortes aos Servizos Sociais, á Educación e á Sanidade en aplicación da súa ideoloxía ultraliberal e para dividir a sociedade en ricos e pobres O recorte da Axuda a Domicilio, a eliminación dos equipos de inclusión e o atraso nos pagos do RISGA son medidas que contribúen a destruír os Servizo Sociais e deixar paso á Beneficencia A... Ler máis
Acusan a Feijóo de “liderar a reforma liberal da sanidade” de España

Modesto Pose critica os recortes “ineficaces e innecesarios” na sanidade pública cando a realidade é que a sanidade pública galega está “subfinanciada” O PP rexeita unha proposición do PSdeG que instaba á Xunta a desbotar medidas discriminatorias contra os galegos nas prestacións asistenciais en xeral e farmacéuticas en particular O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, acusou a Feijóo de “liderar a reforma liberal... Ler máis
Repróchanlle ao PPdeG a súa “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”

Francisco Cerviño sinala que o PP “vota en contra a posteriori das subvencións polo uso do galego nos xornais para controlalos” O PP rexeita tamén unha emenda socialista para cumprir coas medidas do PXNL para a promoción do galego entre os mozos e mozas O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, criticou hoxe que o PP ten “nula intención de cumprir o Plan Xeral de Normalización Lingüística”. Así o dixo logo do voto... Ler máis
Critican que o PPdeG teña rexeitado no Parlamento unha moción socialista para que a Xunta promova solucións á fraude das preferentes

Juan Carlos Francisco evidencia que “nin a Xunta nin o goberno central tiveron ningún contacto para plantexar unha proposta de solución á Comisión Europea” Reclama “que se acaben os eslóganes” e esixe á Xunta “solucións sensatas e viables” para os 43.000 galegos e galegas afectados polas preferentes de NGB O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco criticou hoxe que o PP teña rexeitado hoxe no Parlamento unha moción socialista... Ler máis
A modificación da Lei de Costas non servirá de escusa para que Ence permaneza no seu actual emprazamento na ría de Pontevedra

Esixe a Feijóo que negocie coa empresa e os axentes sociais o plan industrial concertado, o peche do ciclo de papel e a reubicación de Ence no país Na mesma rolda, Gallego tachou de electoralista o convenio asinado por Cañete e Feijóo e dubida da súa aplicación logo do recorte do 85,9% nos orzamentos para desenvolvemento rural en 2012 A Secretaria de Coordinación da área de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, afirmou en... Ler máis
Esixen a Feijóo e a Rajoy que aporten unha solución para Nova Galicia Banco que non discrimine a Galicia

A Secretaria de Coordinación da Área de Economía do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, esixe a Feijóo que “pase das palabras á acción” co Goberno Central para garantir un Sistema Financeiro galego eficaz e eficiente, que faga fluír o crédito a empresas e familias e resolva o problema dos inversores en preferentes Espera ao venres para coñecer a decisión de Rajoy, pero anticipa que para os socialistas, en tempos de recortes en servizos básicos,... Ler máis
Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”

Miguel Ángel Fernández critica que o PPdeG rexeite unha moción socialista para realizar un seguimento das empresas con EREs e que os expedientes sexan aprobados pola autoridade laboral O portavoz de Traballo do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, advertiu que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego e non levou a cabo ningún”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas... Ler máis
Critica que a Xunta “pida apertar o cinto mentres despilfarran 18 millóns en embaixadas” e cinco delegacións territoriais “cargadas de persoal de confianza”

José Manuel Lage advirte que mentres o conselleiro Rueda anuncia a supresión de 70 organismos, o Programa de Estabilidade entregado por Rajoy na UE apunta 46 Pídelle a Rueda que explique si teñen pensado suprimir o Instituto Galego de Estatística (IGE) tal e como contempla o Programa de Estabilidade Lembrou que o PP foi dende a Xunta “quen creou a administración paralela e o 95% dos organismos inservibles que agora hai que finiquitar creáronse... Ler máis








