Os socialistas denuncian que o Decreto de Atención á Diversidade no ensino é papel mollado

Leiceaga

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que o Decreto de Atención á Diversidade no ensino aprobado pola Xunta en decembro é “papel mollado” por canto carece de recursos adicionais para os centros. Engadiu que establece un alto nivel de esixencia mentres “a Consellería de Educación non se compromete a nada”. Na comparecencia en Comisión para explicar o devandito Decreto, lamentou que esta... Ler máis

Fidalgo denuncia no Senado a «manobra política do PP para privatizar as costas»

costa galicia 2

O Grupo Parlamentario Socialista denunciou no Senado a intención do PP de privatizar as costas do noso país coas propostas impulsadas polos populares dirixidas a reformar a Lei de Costas. O voceiro do PSOE en Medio Ambiente e Cambio Climático, Miguel Fidalgo, criticou as manobras políticas do Grupo Popular que, apoiado na súa maioría parlamentaria, «pretende levar a cabo un proceso de urbanización da costa, unha volta ao modelo depredador... Ler máis

Leiceaga esixe ao Goberno de Feijóo que garanta o futuro dos Campus de Exelencia do SUG

universidad

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijoo garantir o futuro dos Campus de Excelencia no noso sistema universitario (SUG), e a substitución dos créditos anulados polo Ministerio por outros outorgados pola propia Xunta de Galicia. Leiceaga explica que o Ministerio de Educación e Cultura ven de anunciar a anulación do apoio financeiro... Ler máis

Soneira reclama a modificación da LOREG para suprimir o voto rogado e crear circunscripcións electorais no exterior

marisol soneira rolda

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Marisol Soneira que o Goberno do Estado promova a modificación da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que o dereito a votar, nos procesos nacionais e autonómicos, sexa igual ao esixible para os españois que residen en España, suprimindo a obrigatoriedade de rogar o voto e establecendo circunscricións electorais no exterior que faciliten a representación... Ler máis

O Plan Revive da Costa da Morte só ten mobilizado o 10 por cento do investimento previsto

jose luis mendez romeu rolda

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou que o Plan Revive da Costa da Morte só teña mobilizado un 10 por cento do investimento previsto, tal e como recoñeceu hoxe en Comisión parlamentaria o presidente do ente, Javier Aguilera. Así o dixo no debate dunha pregunta sobre a paralización deste Plan comprometido polo conselleiro Guerra. O responsable socialista preguntou pola execución do Plan... Ler máis

Gallego: «Prescindir dos meteorólogos na CRTVG merma a calidade do servizo e non supón aforro»

CRTVG

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de preguntar na Comisión de Control da CRTVG os motivos polos que decidiron prescindir dos tres metereólogos que se encargaban deste servizo en virtude dun convenio con Meteogalicia. A deputada socialista critica a “mala interpretación da austeridade” feita polo Goberno Feijóo con este recorte, xa que coa supresión do contrato a estes profesionais se merma a calidade dun servizo moi apreciado... Ler máis

O Goberno do PP da as costas no Congreso aos estaleiros galegos

Congreso interior

O PP escenificou no Congreso o abandono no que o Goberno deixa á os estaleiros galegos ao rexeitar unha iniciativa de impulso ao sector naval e unha emenda do Grupo Socialista coa que se solicita o financiamento de proxectos de I+D+I que aumenten a competitividade do sector naval e que permitan aos estaleiros galegos situarse á vangarda no mercado internacional. O deputado socialista galego e relator do grupo parlamentario socialista, Francisco... Ler máis

Cerviño compara a política lingüística de Feijóo coa concepción folclórica da gaita galega

Tuco Cerviño

O portavoz de Lingua Grupo Parlamentario Socialista Francisco Cerviño equiparou hoxe a política lingüística de Feijoo “coa concepción folclórica da gaita galega”. O deputado fixo esta afirmación, trala celebración en Pontevedra por parte da Consellería de Educación, do Dia Internacional da Lingua Materna. Cerviño acusou ao Conselleiro de Educación “de ser o máximo executor das políticas de desprotección da lingua galega”. O... Ler máis

Losada critica o «rodillo» do PP ao impedir o debate da Lei de Reforma da Función Pública

pachi vázquez e abel losada parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou o “rodillo” do PP e acusounos de “talante autoritario e falla de respecto democrático» ao presentar a reforma da Función Pública polo procedemento de lectura única, trámite de urxencia e sen o informe preceptivo do CES. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces que acordou a orde do día do próximo Pleno. O responsable socialista criticou tanto a forma como o fondo desta... Ler máis

A Xunta non apoiou unha patente galega para mellorar a seguridade do mar

Barcos

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, reprochou a manifesta falta de interese do Goberno de Núñez Feijóo por unha patente galega, relativa ao sector da seguridade no mar, e que ademais crearía un nicho de emprego no sector naval galego, que padece unha crítica situación. Trátase dun sistema patentado pola empresa Kafloat que reduce riscos de perda de vidas e mantén a flote os buques, reducindo o custo de utilización dos medios... Ler máis

O Instituto Galego de Consumo nin actuou nin estivo atento na comercialización das participacións preferentes

Novacaixagalicia ncg

O portavoz de Consumo do Grupo Parlamentario Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas de supervisión respecto da posta en circulación de participacións preferentes entres os clientes de caixas galegas. O deputado socialista dixo que o IGC (Instituto Galego de Consumo) ten competencias sobre este tema, xa que actúa en defensa dos consumidores. E dixo “deberían... Ler máis

Feijóo non ten ningunha vontade política de impulsar a fusión dos concellos

urbanismo rural

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas previstas polo Goberno de Feijoo para a fusión dos concellos de Galicia, e os graos de consenso político e social pretendido. Méndez Romeu dixo que a Xunta recoñeceu no Parlamento “que ata o queda de lexislatura non vai ocorrer nada con este asunto”, porque que ten que decidir... Ler máis

Toxo esixe á Xunta que promova o aproveitamento dos restollos de fincas e montes en biocombustible

parlamento

O grupo parlamentario dos socialistas de Galicia ven de presentar unha Proposición non de lei pola que se insta ó Goberno galego a promover unha campaña informativa sectorial sobre os beneficios derivados do aproveitamento e a transformación dos restrollos orgánicos xerados pola limpeza de fincas e montes. A iniciativa pretende que se estude a viabilidade da articulación dun sistema de recollida dos restrollos orgánicos xerados durante as limpezas... Ler máis

As protestas demostran que Galicia rexeita unha reforma que beneficia aos empresarios e aos intereses privados

abel losada rolda

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, sinalou que as protestas de onte demostran que toda Galicia “rexeita unha reforma laboral que beneficia aos empresarios e os intereses privados fronte ao interese público e ao conxunto da poboación”. Reclamou a Feijóo e ao PP que se unan ao “clamor social de Galicia en contra dun mal decreto que ademais é inxusto e insolidario”. O responsable socialista acusou ao PP de “tratar unha vez máis... Ler máis

Méndez Romeu demanda á Xunta o resultado das investigacións do Igape

Igape pequena

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, presentou unha moción no Parlamento para que a Xunta entregue o resultado das investigacións do Igape sobre as condutas irregulares dos seus directivos. Reclama que dean conta das “supostas medidas” para garantir a transparencia e legalidade nas actuacións do ente. Méndez Romeu solicita á Xunta que traslade á Cámara autonómica... Ler máis

Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Galicia tras a inxusta e brutal reforma de Rajoy

pablo garcia rolda na sede do PSdeG

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, expresou a solidariedade e apoio do PSdeG-PSOE aos traballadores de Galicia trala “inxusta e brutal reforma laboral do Goberno de Mariano Rajoy, que atende tódalas demandas históricas dos empresarios ao tempo que conculca as conquistas e dereitos igualmente históricos dos traballadores”. Contrapuxo que mentres milleiros de comercios pechan en Galicia e mentres o número de parados na... Ler máis

Leiceaga reclama negociacións entre Xunta e Fegamp para establecer un calendario de mantemento dos centros educativos

Leiceaga

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga, rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama impulsar un proceso de negociación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para establecer un calendario de asunción das funcións de mantemento, vixilancia e limpeza dos centros por parte da Consellaría de Educación. Leiceaga demanda tamén, na iniciativa rexistrada, que mentres se realiza ese proceso de reasignación... Ler máis

Lage: «As reformas de Feijóo son un ataque brutal aos dereitos dos empregados públicos»

lage

O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas amosou a oposición frontal do PSdeG ás medidas sobre os recortes anunciadas polo Goberno de Feijoo “tanto na forma como no fondo”. Dixo que supoñen “un brutal ataque aos dereitos dos empregados públicos”. Lage Tuñas dixo que “Feijóo recorta dereitos laborais e deteriora os servizos públicos mentras mantén oficinas sin actividade en Miami (USA)... Ler máis

Soneira esixe ao Goberno de Feijóo que cumpra os compromisos coas cofrarías

Barco faenando

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo que cumpra os convenios coas cofrarias de Galicia. Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos. Advirte que moitas confrarias están facendo fronte ás nóminas... Ler máis

García: “Do Congreso sairá un PSdeG forte, unido e cunha alternativa para recuperar a Xunta”

pablo garcia

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, avogou hoxe porque o Congreso Galego que se desenvolverá os días 10 e 11 de marzo sexa  “participativo e ambicioso” e amosouse convencido que do mesmo sairá “un PSdeG forte e unido, cunha alternativa clara, definida e ambiciosa para recuperar o Goberno de Galicia”. García incidiu en que “recuperar a Xunta é o noso obxectivo e Galicia é a nosa tarefa”, e sinalou que  nun contexto... Ler máis

Os socialistas farán unha intensa campaña de información sobre a devastadora reforma laboral

rolda de prensa Laura Seara y Miguel Fidalgo

Os parlamentarios socialistas Laura Seara e Miguel Fidalgo cualificaron hoxe de “devastadora” a reforma laboral, que constitúe “un ataque directo aos traballadores” e que “acabará dun plumazo cos dereitos acadados polos traballadores durante 35 anos”. Seara avanzou que o Partido Socialista levará a cabo na nosa provincia unha intensa campaña de información aos cidadáns, manterá reunións de traballo cos axentes sociais e económicos... Ler máis

Lage: “Feijóo deteriora os servizos públicos recortando dereitos laborais aos traballadores mentres mantén privilexios para os altos cargos”

lage

O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage sae públicamente a defender aos empregados públicos e anuncia que o grupo socialista vai opoñerse frontalmente ao “recorte dos dereitos dos empregados públicos”. Tamén pide a comparecencia do goberno no Parlamento e explica que “Feijóo desprecia ao parlamento e aplicará o rodillo para non ter que tramitar de forma ordinaria unha reforma que supón un brutal ataque aos... Ler máis

Sestayo advirte de posibles ilegalidades da Xunta na privatización de escolas infantís

Escola Infantil

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, dixo hoxe que a Xunta “pode cometer unha ilegalidade” ao privatizar as escolas infantís obrigando aos entes locais a pagar a empresas privadas o 30 por cento do financiamento da súa competencia. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para garantir o carácter público das escolas infantís, que foi rexeitada polo PP. Sestayo sinalou que co decreto... Ler máis

Meijón cualifica de publicitario o anuncio de Pastor sobre a Plataforma Loxística de Pontevedra

meijon

O deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón sinala que o anuncio da Ministra de Fomento, Ana Pastor, sobre a creación en Pontevedra dunha plataforma loxística integrada na Rede Transeuropea de Transporte “parece máis publicitario que real tendo en conta que non se ofrecen as concreciones necesarias para poder considerar a súa implementación real”. “Son moitas as preguntas e dúbidas que se suscitan ante un compromiso realizado... Ler máis

Soneira: «O inexistente Plan de Acuicultura de Feijóo non mudou ningún obstáculo para o sector»

piscifactoría acuicultura

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advertiu que o suposto desbloqueo de 15.000 hectáreas da Costa, anunciadas polo Goberno de Feijoo, para instalación de proxectos acuícolas “é unha tomadura de pelo do Presidente da Xunta e da Conselleira ao sector acuícola e a Galicia”. Replica que o 90% dos concellos costeiros de Galicia non teñen elaborado o PXOM. A deputada asegura que este Plan “non... Ler máis