Novas sancións fiscais contra os pensionistas emigrantes retornados

Novas sancións fiscais contra os pensionistas emigrantes retornados

Novas sancións fiscais contra os pensionistas emigrantes retornados

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe que os pensionistas emigrantes retornados volven recibir sancións correspondentes aos exercicios fiscais de 2011 e 2012 polas súas cotizacións fora do Estado. Durante un encontro con estes colectivos, Fernández Leiceaga comprometeuse a unha ofensiva parlamentaria para reclamar unha resposta por parte do goberno galego.

O responsable socialista lamentou que logo das múltiples denuncias feitas públicas dende o colectivo e polos socialistas galegos en sede parlamentaria, que derivaron nun acordo xa en setembro de 2013, os pensionistas emigrantes retornados volven recibir sancións fiscais por considerar as pensións de España e do seu lugar de traballo coma dous pagadores.

Sinalou que malia que a responsabilidade depende da Axencia Tributaria, Galicia tamén ten competencias en materia de IRPF, e polo tanto debe ter algo que dicir sobre “un problema que críamos resolto, pero estamos a comprobar que non é así”.

Os socialistas galegos mantiveron hoxe un encontro con estes colectivos, que puxeron sobre a mesa os problemas de acceso ao Sergas cos que se atopan no momento de regresar á casa, “como consecuencia de non ter un contrato laboral” en España logo de ter cotizado tódolos seus anos de traballo no estranxeiro.

Fernández Leiceaga respaldou tamén as súas demandas relativas aos problemas que atopan na súa relación cos servizos sociais, xa que ao retornar a Galicia só poden solicitar unha praza nas residencias da Xunta dende o momento en que teñen residencia, “o que dificulta enormemente o seu retorno”.

O portavoz do Grupo Socialista estivo acompañado neste encontro polos portavoces de Emigración e Administración Autonómica, Juan Díaz Villoslada, de Xustiza, Patricia Vilán, de Sanidade, Julio Torrado, e de Facenda, Begoña Rodríguez Rumbo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar