Imprescindible abrir unha nova etapa de diálogo entre a Xunta e as corporacións locais

Imprescindible abrir unha nova etapa de diálogo entre a Xunta e as corporacións locais

Imprescindible abrir unha nova etapa de diálogo entre a Xunta e as corporacións locais

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, fixou esta mañá os seis eixos nos que deberá centrarse o diálogo e a cooperación entre a Xunta e os concellos. O responsable socialista presentou unha proposta, que será presentada no Pleno que comeza mañá, para centrar as relacións coas novas corporacións constituídas logo das pasadas eleccións municipais.

Méndez Romeu levará ao primeiro Pleno logo do parón estival unha moción na que lle reclamará á Xunta as seis propostas principais desta nova etapa, partindo dun plan de transporte metropolitano. Este debe incorporar a creación de entes específicos que integren as distintas modalidades de transporte público.

Tamén propón a posta en marcha de liñas específicas de transporte de viaxeiros por estrada para destinos esquecidos, como hospitais de referencia como o de Vigo, sen conexión por autobús, polígonos empresariais, polígonos empresariais ou grandes superficies comerciais. Reclamou un novo modelo que revise as concesións en liñas, frecuencias e horarios e inclúa tarifas para colectivos con menos recursos.

O segundo gran eixo desta nova etapa, explicou, será recuperar unha política de vivenda de promoción pública, toda vez que o goberno permanece inalterable cando comezan a repuntar os prezos. Lembrou que a Xunta reduciu ata un 80 por cento os orzamentos para estas partidas dende a chegada de Feijóo en 2009, facendo que Galicia pasara de ser referencia a destacar pola inexistencia dunha política de vivenda pública.

O responsable socialista propuxo ademais unha nova estratexia de recuperación, redución e reciclaxe de residuos, adheríndose ao modelo comunitario, que prioriza a retirada, reciclaxe e reutilización, e fronte ao modelo do PP, centrado exclusivamente nun modelo de incineración “que non é sostible medioambientalmente”.

Ademais, reclamou a revisión do financiamento aos concellos “nos termos que reclama a Fegamp”, que solicita a recuperación do financiamento incondicionado aos concellos e integrando subvencións finalistas. Solicitou tamén a transferencia automática dos fondos do Plan concertado de servizos sociais, apostando pola cooperación e reforzo destes servizos polos concellos.

Finalmente, propón recuperar de inmediato o réxime de sesións ordinarias e periódicas da Comisión Galega de Cooperación Local e reclama o informe xa solicitado polo Parlamento elaborado por unha Comisión de expertos sobre a administración local.

Costas

O Pleno que comeza mañá incluirá tamén unha interpelación do grupo socialista para urxir ao goberno galego a resolver a situación das 12.500 vivendas situadas nos 255 núcleos costeiros de Galicia en perigo pola Lei de Costas. Logo dos dous anos de moratoria fixados en 2013, esta vén de rematar sen que o goberno galego utilizara este tempo para clarificar e solucionar “un problema moi grave” en cooperación cos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar