Nova Asociación Irmandade de Federacións Deportivas Galegas

Nova Asociación Irmandade de Federacións Deportivas Galegas

Nova Asociación Irmandade de Federacións Deportivas Galegas

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamou hoxe a actualización da Lei do Deporte de Galicia e a recuperación dos orzamentos das Federacións Deportivas galegas. O responsable socialista anunciou unha serie de iniciativas para trasladar as demandas da nova Asociación Irmandade de Federacións Deportivas de Galicia.

Os responsables desta nova entidade presentaron hoxe os seus obxectivos fundacionais, que os socialistas galegos trasladarán á Cámara autonómica, como confirmou hoxe Díaz Villoslada. O responsable socialista reivindicou adaptar á realidade social a normativa galega en materia deportiva, así como recuperar os orzamentos previos á crise, establecendo un reparto por programas e non só por licenzas.

Tamén reivindican actualizar as reivindicacións das instalacións deportivas para as federacións historicamente discriminadas, e maximizar as subvencións ao deporte de base, en función das competencias do goberno galego en materia de deporte. Esta nova entidade reivindica ademais a volta á licencia deportiva autonómica, que foi substituída por licencias estatais polo goberno central, prexudicando ás federacións pequenas.

Reivindican ademais implantar proxectos deportivos en base ás eurorrexións e eurocidades, sinaladamente no ámbito Galicia – Norte de Portugal e en cumprimento das directivas comunitarias. Finalmente urxen á Xunta que clarifique a situación provocada pola nova normativa que restrinxe os plans de usos dos portos galegos a actos netamente mariñeiros ou con arraigo histórico.

Díaz Villoslada amosou o apoio do Grupo Socialista ás reivindicacións desta nova Asociación logo dun encontro cos seus representantes, tamén presidentes das federacións de Vela, Remo e Automobilismo de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar