Nova amortización de prazas no futuro Decreto de Enfermería

Nova amortización de prazas no futuro Decreto de Enfermería

Nova amortización de prazas no futuro Decreto de Enfermería

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, preguntaralle ao goberno galego si o novo decreto de enfermería suporá unha nova vía para amortizar prazas de enfermería. Así o dixo logo dun encontro coa Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria –Agefec- para analizar o “oportuno retraso” na publicación da norma ata despois das eleccións de decembro.

A deputada socialista e os representantes da Asociación lembraron o compromiso do goberno galego para crear unha única categoría de enfermería especializada, e advertiron do risco de que a Xunta a utilice como pretexto para suprimir prazas renunciando de novo a repoñer tódalas baixas de enfermería.

Acuña lembrou que tanto a responsable de Recursos Humanos como a anterior Conselleira se comprometeran a ter a nova norma no último semestre de 2015, pero agora a retrasan a 2016. Preguntou “qué agocha este decreto, qué está detrás para non poder publicalo ata despois das eleccións xerais”.

Sinalou o papel “fundamental” dos enfermeiros e enfermeiras para a sostenibilidade do sistema público de saúde, e o imprescindible papel da enfermería na atención primaria para a prevención e o coidado dos doentes crónicos, e reclamou a incorporación das especialidades para mellorar o sistema samitario publico cara o futuro.

Explicou que “sen dúbida que se necesita regular a incorporación das novas especialidades de enfermería, e entre elas a de enfermería familiar e comunitaria, de gran transcendencia, pero se non se incrementa o mesmo tempo a partida orzamentaria cabe pensar que o que realmente se persigue con ese decreto é seguir recortando o persoal, e tal vez por iso o esconden”.

Instou á Xunta a “aprender dos seus erros” e “evitar os problemas do anterior decreto de desenvolvemento da Lei de Garantías Sanitarias”, que permite a libre elección de enfermería sen modificar o sistema retributivo, “o que esta provocando a saturación dos profesionais máis demandados sen que iso supuña ningún tipo de recoñecemento salarial”.

A incorporación da enfermería especializada, dixo, é “un recoñecemento á profesión, e non debera seguir retrasándose sen esquecer tampouco a necesidade de regular adecuadamente o período de transición para non prexudicar a ninguén”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar