Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da aprobación definitiva do POL e primando intereses particulares
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da aprobación definitiva do POL e primando intereses particulares
Advirte que as decisións tomadas sen ter en conta os criterios ambientais desembocan en “fiascos” como o da urbanización de Fadesa, en Miño, cuxa adxudicación e expropiacións veñen de ser anuladas polo Supremo

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2010.- A portavoz de Territorio do Grupo Parlamentario Socialista, Mar Barcón, lamentou hoxe a decisión do Goberno galego de levantar a prohibición de construír a menos de 500 metros da costa sen aprobar definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e sen incorporar todas as suxestións feitas polos concellos.
 

Barcón lembrou que os socialistas galegos “quixemos participar na mellora do documento inicial do POL, e froito deste compromiso creouse a Comisión de Seguimento Parlamentaria, na que se aportaron ideas, suxestións e reflexións de expertos reclamando maior coordenación na aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio e as políticas de protección e posta en valor do litoral”. 
 

Sinalou que o PSdeG reclamou “unha e outra vez” nesta Comisión que non se levantase a moratoria de construcción a menos de 500 metros da costa mentres o POL non estivese aprobado definitivamente e sen que todas as administracións contasen cun documento de consenso que permitise afrontar as decisión futuras da mellor maneira, sen que o Goberno do PP atendese a esta petición.
 

Barcón lembroulle ao Goberno de Feijóo que  “tomar decisións de maneira pouco rigorosa e atendendo a intereses particulares máis que a interese xeral non son o mellor camiño nin para a protección da costa nin para convertela nun valor de futuro”.
 

A este respecto advertiu que “as decisións tomadas sen ter en conta criterios de sostibilidade e protección ambiental desembocan en fiascos como o da urbanización de Fadesa, no concello de Miño, cuxa adxudicación e expropiacións veñen de ser anuladas polo Tribunal Supremo”.
 

Por elo criticou que o PP insista en levar a cabo un urbanismo “especulador e voraz”, que, como no caso da urbanización de Miño, “vulnera os dereitos dos veciños para poñelos ao servizo duns poucos”.
 
 

 
Contra este tipo de urbanismo, Barcón avogou por “aproveitar os instrumentos de ordenación do territorio para xerar políticas de sostibilidade e para defender o noso patrimonio natural” e lembrou que esta foi a liña seguida polo anterior Goberno socialista en materia urbanística.  
 
 
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
alt=
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as...
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións comarcais”
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións...
alt=
Lage Tuñas propón a creación dun órgano estable que xestione as oposicións da Xunta de...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla