Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
"A proposta de Feijóo sobre o financiamento das universidades supón un paso máis no desmantelamento dos servizos públicos"
Concepción Burgo advirte que o Goberno de Feijoo elaborou este documento de xeito “improvisado” e cun “caótico procedemento”

Santiago de Compostela, 28 de xullo de  2010.- A portavoz de Cultura e Universidade do Grupo Parlamentario Socialista, Concepción Burgo, lamentou hoxe que as denunciadas feitas polo Grupo Socialista, este mesmo luns día 26,  respecto aos recortes no financiamento das Universidades Galegas “cumpríronse todas”. A deputada fixo esta afirmación logo de coñecer as liñas básicas do texto presentado, hoxe, pola Consellería de Educación no Consello Galego de Universidades.


Advirte que o Goberno de Feijoo elaborou este documento de xeito “improvisado” e cun “caótico procedemento”. E lembrou que “tan só se celebraron dúas reunións coas universidades e os membros do Consello Galego de Universidades”, para tratar este asunto. Ademais di que a Xunta “impulsou un recorte nos orzamentos dando un paso máis no desmantelamento dos servizos públicos”.


Replica que esta decisión significa “un novo desmantelamento dun servizo público” e que supon “perder as nosas posibilidades de competir coas economías máis desenvolvidas”.


“A ineptitude do goberno da Xunta non pode hipotecar o futuro do noso país”, sentenciou Burgo. Á vez que lembrou que a Universidade “é un piar básico para o desenvolvemento económico, social e tecnolóxico de Galicia”, polo que avogou por converter ás universidades “nunha aposta estratéxica, e máis nun momento de crise”.


Por último reclamoulle a Feijoo que “acade un consenso pleno entre as universidades” para aprobar este Plan de Financiamento”. Argumenta que debe incluír como mínimo a mellora do financiamento por alumno con criterios de equidade, a dotación dos recursos necesarios para o desenvolvemento dos plans de estudos adaptados o Espazo Europeo de Educación Superior, cubrir os custes da transición a nova organización das ensinanzas de grado e postgrado, e a financiación de todos os custos estructurais da actividade investigadora das Universidades.

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
alt=
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as...
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións comarcais”
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións...
alt=
Lage Tuñas propón a creación dun órgano estable que xestione as oposicións da Xunta de...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla