Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Caride denuncia as incoherencias da política fiscal e financieira de Feijóo e reclama un programa para dinamizar a economía
Caride denuncia as incoherencias da política fiscal e financieira de Feijóo e reclama un programa para dinamizar a economía
Afirma que a folla ruta económica do PP caracterizase pola “maquillaxe, a demagoxia e o desgaste ao Goberno de Zapatero”

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 10. A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, denunciou hoxe en rolda de prensa as “incoherencias da política fiscal e financeira do Goberno de Núñez Feijoo”, no día en que se reúne o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Ademais esixiulle ao Presidente da Xunta que presente no Parlamento ás forzas políticas da Cámara un programa para dinamizar a economía galega e saír da crise. Advirte que a política de Feijóo é “incoherente”, e afirma que “esta circunstancia debilita o argumento no que se apoia a petición de aprazar a devolución dos 2.584 millóns de euros”,  recibidos pola comunidade por anticipos.


A responsable socialista reclamoulle a Feijoo que abandone a súa estratexia “mediática” para reducir os impostos a quen "máis ten”. E insistiu na creación da Comisión , solicitada a semana pasada polo Secretario Xeral Manuel Pachi Vázquez, para o mantemento do benestar e da garantía dos servizos públicos na nosa Comunidade.


Caride aludiu na súa intervención a un “decálogo de incongruencias do Goberno da Xunta”. Así puxo de manifesto que mentres o PP nacional non apoiou o teito financeiro para orzamento do Goberno de España 2011 aludindo “a que o recorte lle parecía escaso”. Asegura que Feijoo pola súa banda “crítica a reducción de ingresos a Galicia, e ameaza con declararse insubmiso nas súas obrigas de pago”, espetou. Neste punto a deputada preguntase que esta propoñendo o Presidente Feijoo. E insistiu “que quere que reduza o Goberno de Zapatero?, si xa lle parecía pouco ao seu Partido?. E proseguiu “que quere que baixe as pensións, que reduza as axudas as persoas que quedaron sen subsidio de desemprego?, que reduza o programa de investimentos?.


A responsable socialista tamén fixo referencia ao modelo de financiamento. E lembrou que “co novo plan asinado fai seis meses, o prazo para a devolución destes anticipos xa se elevou de 24 meses a 60 meses”. Por iso acusou Feijóo de querer “cambiar as regras de xogo a metade do partido”. Subliñou que a súa folla ruta económica caracterizouse pola “maquillaxe, a demagoxia e o desgaste ao Goberno de Zapatero”, explicou.

 

Gasto irracional


Sobre o peche do exercicio orzamentario replica que se Núñez Feijóo puido pechar no ano 2009 cun déficit do 1 % “foi gracias aos 1.900 millóns de euros recibidos de máis do Estado”, e por riba, “Feijoo di que se gastaron irracionalmente”. E proseguiu “pois que diga en que os gastou irracionalmente”. Xa que afirma que “dous terzos do orzamento de 2009 xestionounos o seu goberno”.


Fixo referencia ademais a que o Partido Popular crítica o Real Decreto para o control do déficit pero, a Xunta foi “máis alá neste asunto”, xa que sinala “estendeuno a tódolos contratos con base salarial que tiña a Administración autonómica”. Ademais denunciou que “se nega aos grupos da oposición información sobre o aforro que supón para as arcas autonómicas esta aplicación do decreto” que segundo as contas do PSdeG-PSOE, “son moito máis de 200 millóns de euros”, dos que dispoñerá a Xunta para gastar en virtude do aforro pola implantación desa normativa, e calculando sobre as bases salariais que acadan os 3.000 millóns de euros. Esixe que esta contía se destine a gasto social.


A Xunta malgasta na Autovía Carballo-Berdoias e no Hospital de Vigo


Por iso Caride criticou, unha vez máis, “que Feijóo proclame austeridade que despois só aplica cos galegos”, e “mentres que a Xunta gasta 350 millóns máis na autovía Carballo Carballo-Berdoias, ou 500 millóns na construcción do hospital de Vigo”.


Por outra banda tamén criticou a “ausencia de proxectos de financiamento específico”, como aseguraba Núñez Feijóo nos orzamentos”. A maiores denunciou a “paralización das infraestructuras en Galicia pola vía dos feitos”, xa que di que na nosa Comunidade “hai obras paralizadas e ninguén explicou por que nin ata cando”, resumiu.

 

 

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa autovía AG-53
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa...
alt=
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción expresadas polo PSdeG
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción...
alt=
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla