Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Local
O PSdeG aspira a incrementar as alcaldías na Coruña e manter a Deputación provincial
O PSdeG aspira a incrementar as alcaldías na Coruña e manter a Deputación provincial
Os socialistas califican de “dedocracia” a selección de candidatos do PP e afirman que comezarán o seu proceso de proclamación de candidatos en setembro

A Coruña, 21 de xullo de 2010.  O PSdeG-PSOE aspira a obter máis alcaldías e a manter o  goberno da Deputación da Coruña nas eleccións municipais do vindeiro ano. Así o afirmaron esta mañá na rolda de prensa celebrada na sede provincial dos socialistas coruñeses os secretarios de Organización do partido en Galicia e na provincia, Pablo García e Emilio Vázquez.


Segundo explicou Emilio Vázquez Blanco, os socialistas coruñeses esperan revalidar as 33 alcaldías coas que contan na actualidade na provincia e sumar algunhas máis, incrementando a súa representación alí onde non gobernan.  “Gobernamos 33 dos 94 concellos da Coruña, entre eles as tres grandes cidades, gobernamos polo tanto á maioría dos cidadáns desta provincia”, afirmou Emilio Vázquez, que suscribiu a frase de José Luís Rodríguiez Zapatero afirmando que “estamos mellor do que parece e o ides a vivir”.


Vázquez Blanco afirmou tamén que os socialistas trázanse como obxectivo político para as municipais de 2011 manter o goberno da Deputación da Coruña, á que definiu como “unha das máis prestixiadas de España”, e contrapuxo o modelo de gobernos provinciais socialistas “de Moreda e Besteiro” coa forma de gobernar  de Louzán e Baltar.


“O Partido Popular non ten proxecto para esta provincia, igual que Rajoy non o ten para España”, afirmou Emilio Vázquez, que criticou a política do PP de oporse a todo, definindo a Carlos Negreira e a Diego Calvo como “os señores do non”.


O secretario provincial de Organización referiuse tamén ao “problema” que os populares teñen en Ribeira para elixir o seu candidato, e suxeriulles que “consulten ás bases” como fan os socialistas “pois no PSOE son as bases as que elixen aos candidatos”.


Neste sentido pronunciouse tamén o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, afirmando que os candidatos socialistas ás grandes cidades serán proclamados a finais mes de setembro  porque “a democracia leva máis tempo que a “dedocracia”.

 

 

 

Segundo explicou Pablo García o Comité Federal do PSOE aprobou o pasado día 17 de xullo os prazos para a elaboración das listas das municipais de 2011 e agora será o PSdeG o que “marque o calendario en Galicia”.


García mostrouse “optimista” acerca dos resultados electorais na provincia á que definiu como “unha peza clave” para o proxecto galego dos socialistas.


Decreto do carbón


En referencia ao Decreto do carbón, o secretario de Organización dos socialistas galegos afirmou que “O PSdeG traballa para que se teñan en conta as peculiaridades galegas mentres o PP non fai nada”, e criticou que “o goberno galego tivo ocasión de recorrer contra o decreto durante a súa tramitación no Consello Consultivo e no Comité Nacional de Enerxía e non o fixo” .


Pablo García avogou por “estudar fórmulas para compensar os perxuizos que o decreto poda causar nos concellos onde se ubican as dúas centrais térmicas da provincia”, gobernados por alcaldes socialistas, que están a trasladar as súas propostas ao Ministerio de Industria.


Transfugismo en Silleda e Gondomar


En relación aos casos de transfugismo de Gondomar e Silleda, Pablo García afirmou que “excepto Feijoo e Louzán, todos viamos claramente que eran casos de transfugismo” e instou á dirección do Partido Popular a “dicir claramente si estes van a ser os seus candidatos ou non”.


García incidiu na gravedade das declaracións ante o xuíz dalgúns dos tránsfugas de Gondomar, que admitiron que as mocións non se facían por diverxencias políticas, senón “por millóns de euros” e preguntouse ata cando vai a seguir Feijoo amparando situacións como estas


Segundo Pablo García “os galegos deberiamos denunciar ao presidente da Xunta por incumprimento de contrato”, en referencia á falta de transparencia da administración autonómica nas adxudicacións da autovía da Costa da Morte “por un sobrecoste máis de 400 millóns de euros” e da variante de Noia “á oferta máis cara”.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
alt=
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as...
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións comarcais”
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para disolver as fundacións...
alt=
Lage Tuñas propón a creación dun órgano estable que xestione as oposicións da Xunta de...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla