Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Soneira esixe á Xunta a presentación dos informes medioambientais, xurídicos e urbanísticos para a reforma do Plan de Acuicultura
Soneira esixe á Xunta a presentación dos informes medioambientais, xurídicos e urbanísticos para a reforma do Plan de Acuicultura
Acusa a Feijóo de “primar a especulación e a marbellización” do mellor da nosa costa e amosa as súas dúbidas sobre a existencia da documentación legal necesaria

Santiago de Compostela, 07 de febreiro de 10. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, esixiu hoxe á Xunta que presente os informes legais e medioambientais preceptivos para levar adiante a reforma do Plan de Acuicultura anunciada polo presidente da Xunta o pasado 28 de xaneiro. Soneira presentou unha Interpelación parlamentaria na que acusa ao mandatario autonómico de “primar a especulación e marbellización” do mellor da nosa costa.


Soneira advirte que a modificación do Plan Galego de Acuicultura será levada adiante “sen que conste –que saibamos- ningún informe medioambiental, urbanístico nin de ningunha outra índole”, así como as valoracións xurídicas ou do Consello Económico e Social. Por este motivo presenta unha iniciativa na que esixe á Xunta que explique a qué organismos solicitou os informes previos á modificación do Plan, así como as súas conclusións.


A parlamentaria socialista salienta así que tampouco consta informe da asesoría xurídica da Xunta ou de Costas do Estado, ademais de que non especificaron qué rango legal ten a modificación puntual desta norma. De feito, engade Soneira, a decisión da Xunta aínda non foi publicada no Diario Oficial de Galicia e “non nos consta que se consultase a outras consellerías da Xunta nin a outras administracións con competencias sobre a superficie afectada”.


Sinala que “todo isto sitúanos nun escenario absolutamente confuso e preocupante xa que, lonxe da pretendida seguridade xurídica anunciada polo presidente, esta forma de proceder sitúa a acuicultura galega nunha situación insostible”. Isto é así debido a que “non sabemos o rango legal da pretendida reforma” e porque “permite a expropiación por parte da Xunta cando o propietario do terreo non estea de acordo co promotor”.


Marisol Soneria engade que a Xunta “ao parecer sen solicitar informes” toma decisións “que implican modificar o réxime de propiedade de terreos que nalgún caso son públicos ou están afectados por servidumes públicas”. Lamenta que a Xunta provoque esta situación “nun escenario onde as empresas acuícolas ven cómo se limitan os prazos para solicitar axudas europeas que fan inviables os seus proxectos investidores”.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa autovía AG-53
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa...
alt=
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción expresadas polo PSdeG
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción...
alt=
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla