Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
O PSdeG reclama que a Xunta cumpra o pacto local e asuma o mantemento dos centros de saúde
O PSdeG reclama que a Xunta cumpra o pacto local e asuma o mantemento dos centros de saúde
Carmen Acuña reclama a axilización do acordo para asumir os centros xa cedidos ao Sergas no primeiro semestre de 2010

Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 10. A parlamentaria socialista Carmen Acuña esixen á Xunta que asuma “dunha vez” o compromiso de sufragar os custos de mantemento dos centros de saúde municipais, tal e como establece o Pacto Local de Galicia. Acuña reclama que o Executivo autonómico comece a cumprir o acordo no primeiro semestre de 2010 nos concellos que xa teñen cedidos os seus centros ao Sergas.


A parlamentaria socialista anunciou que presentará unha iniciativa parlamentaria na que reclama a priorización “en primeiro lugar os concellos onde o centro de saúde acolle ademais un Punto de Atención Continuada”. A continuación solicita que sexan priorizados os concellos máis pequenos e, finalmente, que no segundo semestre deste ano sexa definido un novo convenio entre o Executivo e a Fegamp que permita a asunción por Sanidade dos centros de saúde do resto dos concellos.


Lembrou que o Pacto Local, asinado en xaneiro de 2006 entre o Executivo autonómico e a Fegamp, regulaba e desenvolvía o Pacto Local incluíndo, no apartado de sanidade, que a Consellería asumiría os custos de mantemento dos centros de saúde galegos actualmente a cargo dos concellos.


Sinalou que, si ben este acordo determinaba que o proceso de cambio da xestión comezaría en 2009 e priorizando os concellos máis pequenos, a día de hoxe “o cumprimento deste pacto só ten chegado a 15 concellos en toda Galicia, a maioría dos cales corresponde ao PP”. A parlamentaria socialista ve necesaria esta iniciativa por canto a día de hoxe “descoñecemos cómo se están a priorizar as solicitudes nin qué datas se están a barallar para concluír co compromiso acadado para que chegue a tódolos concellos que o solicitaron.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa autovía AG-53
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa...
alt=
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción expresadas polo PSdeG
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción...
alt=
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla