Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 9 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
Os concellos do PSdeG abandonarán o Consorcio de Benestar se a Xunta continúa privatizando servizos e ninguneándoos
Os concellos do PSdeG abandonarán o Consorcio de Benestar se a Xunta continúa privatizando servizos e ninguneándoos
Sestayo afirma que Feijóo converteuse nun “depredador” dos servicios sociais e critica a paralización de infraestruturas

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2010.- Máis dun cento de concellos gobernados polo partido socialista abandonarán o Consorcio de Benestar se a Xunta mantén a súa política de desmantelar os servizos sociais, ningunear aos concellos e  privatizar servizos públicos. Así o anunciou a secretaria de Benestar do PSdeG, Beatriz Sestayo, tras manter unha xuntanza con  alcaldes e concelleiros de servizos sociais dos concellos gobernados polo PSdeG para abordar a Asamblea do Consorcio de Benestar que se reunirá o vindeiro venres.


Sestayo anunciou que o PSdeG acudirá a esta Asamblea “cunha postura firme na defensa das políticas sociais” e advertiu que os socialistas non permitirán o “ninguneo” ao que Feijóo está a someter aos concellos nin “o abandono ás políticas sociais públicas en favor da súa privatización”.


Así, denunciou que Feijóo converteuse nun “depredador sen parangón dos servizos públicos sociais” e lamentou a súa “falla de respecto absoluta” aos concellos.


Mostra desto é o feito de que esta sexa a primeira reunión da Asamblea do Consorcio de Benestar dende a chegada de Feijóo ao Goberno. Sestayo considerou ademais “risible” e “todo un paripé” que a orde do día da Asamblea inclúa a aprobación do orzamento do Consorcio, cando esta partida está incluída nos orzamentos da Xunta que xa foron aprobados no Parlamento.


Sestayo tamén expresou a “rotunda oposición” do PSdeG á privatización de servizos públicos e advertiu que “non permitiremos que o PP faga dos servizos sociais un negocio cos seus amigos”. A responsable de Benestar do PSdeG fixo fincapé na importancia que teñen os servizos sociais como fonte de emprego e rexeitou que o PP os utilice “como negocio privado e obviando a creación de empregos públicos”.


Criticou ademais a paralización de infraestruturas previstas e o tento, por parte do PP, de “coartar aos concellos” negociando bilateralmente “e con condicións leoninas” temas que tiñan que tratarase na Asamblea do Consorcio.


 Así, apuntou que entre os acordos do Consorcio incluíase que os concellos facilitasen o espacio para as infraestruturas necesarias para prestar os servizos sociais, mentres a xunta asumía a xestión dos centros e a contratación pública, mentres que a día de hoxe “non se crearon empregos públicos, paralizáronse centros que estaban previstos e a Xunta impuxo a algúns concellos cotas de mantemento para o seu funcionamento que os pequenos municipios non poden asumir”.


Sestayo sinalou que “se non hai novas infraestruturas, e a Xunta adopta decisións unilaterais sen contar cons concellos, e non se fan contratacións públicas, o Consorcio perde a súa razón de ser”.


Por elo, pediu a Feijóo e á conselleira de Benestar que “recapaciten” respecto as súas políticas sociais e advertiulles que “se o Consorcio abandona as súas funcións primarias, os socialistas non seguiremos nel”.

 

 

 

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a campaña de lumes
O PSdeG critica a improvisación da Xunta ao contratar persoal cando está a piques de rematar a...
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa autovía AG-53
Aprobada unha iniciativa socialista para construír un enlace de comunicación entre Punxín, Amoeiro e Maside coa...
alt=
O PSdeG acusa á Xunta de ocultar o 97 por cento dos lumes forestais declarados en Galicia
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción expresadas polo PSdeG
Barcón sinala que a sentencia condenatoria aos ex concelleiros de Gondomar ratifica as sospeitas de corrupción...
alt=
O PSdeG acusa ao PP de ser “veloces eliminar os libros de texto gratuitos pero lentos para...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla