Nos cinco anos de Feijóo a pobreza medrou en Galicia un 20% e a Xunta só presenta "medidas para a galería"

Nos cinco anos de Feijóo a pobreza medrou en Galicia un 20% e a Xunta só presenta "medidas para a galería"

Nos cinco anos de Feijóo a pobreza medrou en Galicia un 20% e a Xunta só presenta "medidas para a galería"

Carmen Gallego lembra que “o gasto social caeu en 4.016 millóns desde 2009 e o 30% dos traballadores gañan menos do salario mínimo”

“A Xunta non cumpre o acordo parlamentario para comedores escolares e pobreza infantil”, afirmou
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014. A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, lamentou hoxe no pleno do Parlamento que coa Xunta do PP “medrara un 20% a pobreza en Galicia, mentres o Goberno de Feijóo só lle fai fronte con medidas para a galería”.

Nunha interpelación no pleno da Cámara á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a deputada socialista afirmou que “os Gobernos de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo ó unico que fan e incrementar os índices de pobreza co BOE e o DOG, temos un grave problema”.
Carmen Gallego lembrou que en Galicia hai 110.000 pensionistas que non chegan aos 342 euros ao mes, a remuneración das persoas asalariadas caeu nos últimos dous anos o 5% do PIB, o 30% dos traballadores e traballadoras cobran menos do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e 172.000 persoas con contrato gañan 325 euros ao mes.
Para paliar esta situación, o Goberno de Feijoo en cinco anos reduciu en 4.016 millóns de euros o gasto en política social da Xunta. Na súa resposta, Mato negou os datos e limitouse a dicir que os culpables da actual situación eran os anteriores gobernos socialistas.
“Pensa vostede que despois de cinco anos pode chegar aquí e botarlle a culpa da pobreza a Zapatero e ao bipartito?”, replicoulle Gallego, que apuntou que “a Xunta non cumpre nin o acordo parlamentario para comedores escolares e pobreza infantil”. Inqueriulle a deputada socialista: “Que problema ten vostede cos traballadores e traballadoras sociais dos concellos, cos concellos de Galicia? Por que en vez de empregar esa estrutura pegada ao territorio e que sabe como tratar este problema, opta vostede por incrementar o orzamento do Banco de Alimentos?”.
A conselleira foi incapaz de aportar un só dato de como están os expedientes da Risga e de como van a cumprir o acordo parlamentario que tería que ter solucionados os expedientes de Risga atrasados no mes de agosto deste ano. "Lamentablemente teremos que voltar a falar de pobreza en setembro neste Pleno, porque cada decisión que toma o goberno Feijoo é para facer unha sociedade máis desigual".
“Vostedes eliminaron prazas de persoal funcionario encargado de tramitar as axudas”, manifestou a viceportavoz socialista, que denunciou que agora o Goberno pretende denegarlle a Risga ás persoas que viven nunha habitación con dereito a cociña ou as Axudas de Emerxencia Social ás persoas maiores de 65 anos con algunha discapacidade.
“As axudas adicadas a incluír laboralmente ás personas que perciben Risga, que tan só se dotaron con 3 millóns de euros e que van dirixidas aos concellos, agotaronse antes de acabar o prazo para solicitalas e non respetan os criterios establecidos pola propia Directora Xeral de Familia e Inclusión”, sostivo Gallego. A percepción é que xa estaban concedidas as axudas, co que “en lugar de traballar pola inclusión están traballando por que os concellos do PP teñan estas axudas”.
Gallego cualificou de “indigno, se non ilegal, que se resolvan convocatorias de axudas para a inclusión laboral de persoas con Risga antes de que remate o propio prazo de presentación das solicitudes”.
A viceportavoz do grupo do PSdeG acusou ao PP de “rexeitar sistematicamente” tódalas iniciativas dos socialistas galegos para impulsar un plan contra a pobreza “ata que as queixas se converteron nun clamor” denunciado por organizacións como Cáritas, Save The Children, Unicef, o Valedor do Pobo e a Defensora del Pueblo e só enton aceptaron medidas cara a galería.
"Non se poden tapar as consecuencias de quitarlle 4.016 millóns de euros as políticas sociais dende que goberna o señor Feijóo cunha Renda de Inclusión Social de 42 millóns de euros por ano; non se trata de botarlle a culpa a outros, trátase dunha escolla ideolóxica de quen goberna, que prefire non cobrarlle impostos aos que mais teñen ou crear impostos a banca e impostos ambientais para crear unha sociedade máis desigual, máis empobrecida”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar