No bo camiño, cunha mala velocidade na prevención da violencia no deporte

No bo camiño, cunha mala velocidade na prevención da violencia no deporte

No bo camiño, cunha mala velocidade na prevención da violencia no deporte

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao goberno galego “medidas formativas” que complementen ás sancións por casos de violencia no deporte. Así o dixo no debate dunha interpelación na que advertiu que “vamos no bo camiño pero cunha mala velocidade” cando Galicia é a terceira Comunidade Autónoma en número de incidentes.

Explicou ademais que “existe unha situación latente na que existen condutas reprobables de violencia de xénero, homófoba e entre grupos que non afrontamos adecuadamente” xa que “hai máis casos dos 22 que foron denunciados en 2016 e rexistrados pola Comisión Antiviolencia”.

Sinalou como exemplo o caso do futbolista do San Martín de Vilaxoán Carlos Arturo Sánchez Rojas, que ameazou con deixar o deporte logo de ser insultado entre outros por unha rapaza de dez anos e que “non foi contabilizado” pola dita Comisión.

Escasa formación

Engadiu que “falta formación no deporte fronte a violencia de xénero”, como dixo o presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva, con “entrenadores que non saben actuar porque as escolas de entrenadores non os forman para iso” e os directivos dos clubes tampouco saben cómo afrontar estas situacións.

Dixo que o marco normativo tense revelado “absolutamente ineficaz e insuficiente”, unha Comisión Galega de Control da Violencia “excesivamente discreta”, un Comité Galego de Xustiza Deportiva centrado exclusivamente nas sancións, sen accións preventivas, e un protocolo que resulta “inaplicado, non desenvolve ningunha acción”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar