Ninguneo profundo da Xunta contra o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017

Ninguneo profundo da Xunta contra o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017

Ninguneo profundo da Xunta contra o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017

O deputado socialista Julio Torrado denunciou hoxe un “intento de ninguneo profundo” por parte da Xunta contra o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. O parlamentario arousán presentou unha pregunta oral na Comisión de Comercio na que criticou a nula resposta do goberno galego a unha oportunidade turística e económica única para a vila.

Torrado acusou á Xunta de levar adiante unha “obvia estratexia partidista” en conivencia co PP local, provincial e autonómico porque “en lugar de para Cambados traballan para o PP de Cambados”. Acusounos de desbotar a oportunidade de aproveitar un feito diferenciador e unha oportunidade de promoción única para a vila “a cambio de demostrar que son vostedes prescindibles”.

Censurou que “a aposta do goberno galego por Cambados foi menor” dende o ano 2015, en que o PP tivo que deixar paso a un goberno encabezado pola socialista Fátima Abal. Ela foi quen xestionou e conseguiu o nomeamento, para constatar, sete meses despois do nomeamento, unha fría acollida dende o goberno galego, que rexeitou reunirse con ela ningunha das veces que o solicitou dende que recibiu o nomeamento, no pasado novembro.

O parlamentario socialista sinalou á ausencia do goberno galego na presentación do galardón na gala que se celebrou no pasado mes de marzo, nos actos de difusión turística en Bruxelas ou esta mesma semana en Lisboa, así como no stand de Turespaña en Fitur no que se presentou o nomeamento, que tivo máis acollida por parte do Goberno central que do autonómico, que “tiña o seu posto a escasos metros”.

Criticou que o incremento de accións en favor da vila por “cero” logo de ter adquirido este nomeamento, e esixiulle ao goberno galego unha “atención especial” para aproveitar unha oportunidade que tan só se prolongará durante este ano 2017.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar