Nin o presidente da Xunta nin as Consellerías teñen asumido ningún compromiso na loita contra a crise

Nin o presidente da Xunta nin as Consellerías teñen asumido ningún compromiso na loita contra a crise

Nin o presidente da Xunta nin as Consellerías teñen asumido ningún compromiso na loita contra a crise

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou que “nin o presidente da Xunta, nin ningún conselleiro, nin as consellerías investidoras teñen asumido compromiso algún na loita contra a crise”. Así o dixo logo de coñecer o rexeitamento do PP a unha moción socialista para encetar os investimentos públicos e a política de fomento para saír da crise.

O parlamentario socialista acusou ao PP e ao presidente galego de ofrecer a “impresión de que non escoitan nin están dispostos a levar adiante ningunha medida, nin teñen iniciativa propia en Galicia para saír da crise”. Lamentou que o goberno galego teña confiado toda a súa estratexia contra a crise na devaluación dos salarios, o que “repercutirá no consumo” prexudicando ao mercado interno.

O parlamentario socialista advertiu que con este voto en contra, o goberno galego “rexeita utilizar o investimento público como panca contra a crise”, malia que “hoxe é o 7 por cento que no ano 93 con cargo aos fondos propios da Xunta. Ademais, criticou que rexeite aplicar unha política de fomento que “utilice recursos propios da administración para actuar anticíclicamente”.

Advertiu que con este voto, o PP está a rexeitar medidas que teñen un custe mínimo ou mesmo “non teñen custe directo para a administración” e que en cambio si que suporían un efecto multiplicador da actividade económica fundamental para acadar a saída da crise. Criticou o desleixo do goberno galego para recuperar a un sector, o industrial, que ten perdido 34.000 empregos en catro anos, unha terceira parte do total.

Proposta

Os socialistas galegos propuñan hoxe unha iniciativa destinada a que o goberno galego presentara na Cámara autonómica, nun prazo de 3 meses, un plan de impulso da actividade económica, industrial e de servizos, centrado nos sectores mais competitivos. Este plan debera contemplar a mellora da contratación pública garantindo a participación de pemes galegas.

Tamén solicitou un marco de actuacións coas empresas concesionarias de instalacións de produción ou subministro de servizos de electricidade, gas, telefonía e auga, favorecendo a radicación en Galicia dos servizos dirixidos aos usuarios e evitando a deslocalización. O parlamentario socialista propuxo unha liña específica de financiamento para empresas do sector da construción civil e un plan de cesión de solo industrial a prezos simbólicos.

Así mesmo, a proposta socialista inclúe unha estratexia sobre os investimentos pendentes de execución no novo Marco Financeiro 2014 – 2020, para evitar a perda de fondos comunitarios por demandas de cofinanciamento. Finalmente, reclamou “unha estratexia de pulo da innovación nos sectores industriais galegos mais competitivos”.

Os socialistas galegos reclamaban tamén trasladarlle ao Goberno do Estado “a necesidade da modificación do marco tarifario para grandes empresas consumidoras, de xeito que sexa aplicable, con carácter progresivo, ás empresas con consumos a partir dun limiar inferior ao actual, e que en todo caso poida incluír a empresas galegas como Megasa”.

Tamén reclamou “a recuperación dun mecanismo de primas ás enerxías renovables na reordenación do sector eléctrico prevista para os vindeiros meses”, para que Galicia poida recuperar a “posición sobranceira” no sector das renovables que mantiña ata a nova regulación do goberno.

Pemex

Méndez Romeu criticou que “ningún membro do goberno comparece cando hai que falar da situación económica” e afeoulles que “non explican qué está a ocorrer con Pemex”, que hoxe esixe un acordo “que pasa por Arxentina, Repsol e a banca francesa” para obter a construción dos floteis comprometidos por Feijóo. Puntualizou que a empresa está a xerar “efectos secundarios noutras compañías pero ningún efecto directo no naval de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar