"Neste momento sobran as comilonas partidistas e faltan recursos para educación, sanidade e políticas para o crecemento económico"

"Neste momento sobran as comilonas partidistas e faltan recursos para educación, sanidade e políticas para o crecemento económico"

"Neste momento sobran as comilonas partidistas e faltan recursos para educación, sanidade e políticas para o crecemento económico"

Trala comida que Feijóo mantivo hoxe con militantes do seu partido na Coruña, García critica o “indecoroso” deste acto de autoafirmación que só ten como horizonte a precampaña das vindeiras eleccións autonómicas

O secretario de Organización do PSdeG lamenta “que pola contra Feijóo non atope tempo para reunirse cos damnificados das súas políticas”

Pablo García, secretario de Organización e Acción Electoral do PSdeG, lamentou que Feijóo “antepoña os seus intereses partidistas aos do resto de galegos”.

"Ante a situación económica que está a vivir Galicia, sobran comilonas partidistas e recortes e faltan inversións en educación e sanidade e políticas para o crecemento económico", sentenciou trala comida que hoxe mantivo o residente da Xunta con militantes do seu partido en A Coruña.

"O descaro de Feijóo non ten medida”, sinala, e explica que durante o último mes asistimos a numerosas manifestacións que mobilizaron a ducias de miles de galegos polos recortes en sanidade e educación, a reforma laboral, as preferentes ou o naval, pero Feijóo non tivo tempo de reunirse con ningún dos danmificados das súas políticas".

Fronte a este escapismo do presidente da Xunta, García contrapuxo a súa comida de hoxe en A Coruña. "Feijóo ignora e escapa dos problemas, pero si saca tempo, sin embargo, para reunirse cos seus nun exercicio de autoafirmación que resulta indecoroso, cando son miles os galegos e galegas que están a sofrir as decisións e medidas de Feijóo e o PP”.

“Está claro que lle interesa máis a súa precampaña de cara as autonómicas que os problemas dos cidadáns de Galicia", engade.

Así, Pablo García pediulle a Feijóo que, “aínda que só sexa por pudor, evite de aquí en diante este tipo de actos para maior gloria súa, e que se centre dunha vez e de verdade, nos problemas reais dos galegos e da economía de Galicia".

"Feijóo ten que ser o primeiro en saber que neste momento sobran as comilonas e parrandas e fan falta as inversións en educación e sanidade. Falta que Galicia teña un presidente que exerza como tal e abandone o escapismo no que está instalado dende hai meses. Feijóo ten a obriga de gobernar ou deixar paso a quen si ten solucións para os problemas de Galicia", conclúe.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar