Nepotismo nos cursos que puntúan para Permex en Camariñas

Nepotismo nos cursos que puntúan para Permex en Camariñas

Nepotismo nos cursos que puntúan para Permex en Camariñas

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento un “grave caso de nepotismo” nos cursos que puntúan para a obtención do Permex de Camariñas. Así o denunciou nunha pregunta presentada na Comisión de Pesca do Parlamento, onde acusou á Xunta de incumprir os requisitos de transparencia e igualdade de oportunidades.

Torrado fixo un relatorio do perfil de boa parte dos admitidos no curso de Camariñas, coñecida o pasado 16 de xaneiro, que inclúe a unha concelleira do PP, ao marido dunha ex concelleira deste partido -actualmente directiva da confraría-, ao ex secretario xeral daquel partido en Camariñas, así como notorios militantes e persoas afíns activas en contra do alcalde.

Advertiu que, ademais, algunhas destas persoas beneficiarias de praza nos cursos “poden non saber cómo coller un raño”, xa que consta que máis dos convocados teñen valoracións de 0 en canto á formación específica en temas mariños. Esta situación resulta oportunamente compensada, sinala, polo máximo en tempo parados, formación académica ou por estar empadroados.

O responsable socialista fíxose eco hoxe do “malestar” no sector pola “dificultade para acceder aos cursos e incluso coñecer da súa celebración” para aqueles que non se sitúen na “mesma órbita” que os finalmente beneficiarios. Denunciou que estes feito fan que os procesos de selección queden “en entredito tanto na transparencia da convocatoria como na igualdade de oportunidades de acceso e na eficacia do resultado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar