Neglixencia da Xunta no incendio do Xurés

Neglixencia da Xunta no incendio do Xurés

Neglixencia da Xunta no incendio do Xurés

incendio-xurésA deputada socialista e secretaria de Medio Ambiente do PSdeG de Ourense, Noela Blanco, denunciou hoxe a “grave neglixencia” cometida pola Xunta ao renunciar aos traballos de prevención de incendios no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Esta situación, advirte, provocou que o lume rexistrado no Concello de de Calvos de Randín leve 150 hectáreas calcinadas dende onte.

Blanco anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias para esixir “explicacións e responsabilidades” polo “grave atentado medioambiental” perpetrado polo goberno galego ao “deixar esta zona desprotexida e exposta a ser devastada polas lapas”.

A deputada ourensá, xunto co alcalde de Calvos de Randín, o socialista Aquilino Valencia, acusan ao goberno galego de “poñer en perigo” un “espazo singular” como este Parque Natural ao renunciar a calquera tipo de traballo de prevención “ata a chegada da temporada estival”.

Blanco explica así o perigo que están a correr os “bosques de carballos, bidueiros, sobreiras ou albedros”, así como a extensa fauna, con mostras de aves rapaces como a aguia real, aves forestais e acuáticas, ou mamíferos como o lobo. Esta zona, sinala, é por este motivo “un dos focos turísticos da comarca”, e agora está “en perigo pola neglixencia dun goberno irresponsable”.

A responsable socialista e o alcalde da localidade constatan ademais que “hai maquinaria para a loita contra incendios que leva mais dun mes avariada dentro do Parque, sen que se procedera a reparala ou substituíla”.

A deputada socialista lamenta que o goberno galego “lembre que en Galicia hai monte só cando comeza a temporada de incendios” e denuncia que “durante o resto do ano se dedique a mirar para outro lado”, incidindo nunha “clara actitude de desvalorización do noso patrimonio natural”.

Gasolina para o monte

Sinala ademais que a recente Lei de Montes, aprobada polo Goberno de Rajoy, supón “gasolina para o noso medio natural”, xa que permite a alteración do réxime de uso do chan forestal a urbanístico unha vez teña ardido, e que os axentes forestais deixen de ser “axentes da autoridade” para denunciar delitos ambientais.

Insiste en esixirlle ao goberno galego “unha política forestal sostible, que incida na necesaria reordenación dos nosos montes, que teña como obxectivo un aproveitamento sostible dos mesmos, que prime a prevención fronte á extinción, e que dispoña de suficientes efectivos dedicados á investigación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar