Negativa do PP a aumentar as prazas de Infantil en Viana do Bolo

Negativa do PP a aumentar as prazas de Infantil en Viana do Bolo

Negativa do PP a aumentar as prazas de Infantil en Viana do Bolo

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo socialista para aumentar as prazas infantís públicas de Viana do Bolo. A proposta foi debatida na Comisión de Política Social celebrada hoxe e foi rexeitada unicamente cos votos en contra do PP.

Blanco explicou que un concello como Viana do Bolo, con 2.964 habitantes, conta con 54 nenos e nenas menores de 3 anos, rompendo coa tendencia á caída demográfica de toda a provincia, o que non é suficiente para que o goberno galego impulse os servizos de apoio ás familias. Deste xeito, a escola infantil ten apenas 17 prazas operativas e faltan outras 30.

Apuntou que a solución que ofrece o goberno galego sexa derivar parte da demanda ao concello veciño de Vilariño de Conso, que conta cunha escola infantil municipal sen demanda –no Concello só naceu un neno dende 2016-, na que 7 dos 9 nenos e nenas de Viana. Estas familias vense obrigadas a desprazar aos seus rapaces a 10 quilómetros dunha estrada en condicións cuestionables, pola que o bus tarda 20 minutos.

Blanco alertou da forte contestación cidadá diante desta situación, cos pais e nais recollendo sinaturas para que o goberno galego garanta máis prazas de escolas infantís e que “corrixa a situación e deixe de castigar a quen conforma un oasis demográfico no deserto que é a provincia de Ourense”.

A parlamentaria socialista acusou ao PP de negar estes recursos nunha sorte de “revanchismo político inaceptable” para beneficiar aos concellos veciños nos que goberna o seu partido e no que si contan cun Punto de Atención á Infancia con 20 prazas, das que “non enche a metade”, e o 80 por cento -7 das 9 hábiles- veñen de Viana.

Ademais, criticou o “conto da leiteira” do goberno galego coas escolas infantís, xa que “van variando o número de prazas” que prometen en función do calendario electoral, esquecendo que o 80 por cento das prazas que fixeron foron proxectadas ou licitadas polo goberno socialista na Xunta de Galicia.

Eles limitáronse, dixo, a “cambiarlle o nome ás “galiñas azuis” por “revanchismo”, incrementar os prezos nun 19 por cento, duplicar o prezo dos comedores ou incluír por primeira vez concertos coas privadas nas escolas infantís.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar