Negativa a admitir a prohibición de falar no Parlamento do PP como un partido corrupto

Negativa a admitir a prohibición de falar no Parlamento do PP como un partido corrupto

Negativa a admitir a prohibición de falar no Parlamento do PP como un partido corrupto

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe a súa oposición a permitir a prohibición de referirse ao PP como partido “corrupto” que quere impoñer o presidente da Cámara. Así o dixo logo de que Santalices se negara a entregar o “informe pantasma” que lle entregaron os letrados e que exhibiu na pasada sesión plenaria e fixera chegar unha “nota aclaratoria” asinada onte.

O responsable socialista confirmou hoxe que os socialistas galegos “non nos someteremos a eses criterios” e defendeu o seu dereito a “usar a liberdade de expresión ata onde consideremos oportuno”. Lembrou que, de acordo coa sentenza da Gürtel, o PP foi condenado por corrupción, e como tal foi reflectido na inmensa maioría dos medios de comunicación.

Tamén en Valencia, lembrou, foi condenado por corrupción para o financiamento da campaña electoral de 2008 na peza separada da Gürtel que se coñeceu onte. Criticou o intento de “protexer ao PP” da previsible serie de condenas que sairán derivadas desta investigación xudicial nun intento “absurdo e inútil” como o de “poñerlle portas ao campo”.

Fernández Leiceaga criticou que fronte a esta aplicación restritiva do Regulamento do Parlamento para a oposición, o propio presidente da Xunta se refería na pasada sesión de cointrol ao PSOE como “condenado por corrupción” nos anos 80 sen que iso suscitara unha chamada á orde.

O portavoz socialista fixo un chamamento “á sensatez” dirixido ao presidente da Cámara porque, dixo, “debe en tender que prolongar este debate non conduciría a un sitio bo para ninguén”. Defendeu así un “uso amplo da liberdade de expresión” para restrinxilo aos casos nos que afecte directamente á dignidade dos membros da Cámara.

Sesión de control

Leiceaga explicou que a pregunta ao presidente do próximo Pleno centrarase sobre os efectos da posible candidatura de Feijóo a presidir o PP sobre a gobernanza de Galicia, en asuntos como por exemplo a reforma da política forestal. Urxiu a “explicar o calendario para a súa substitución” á fronte do goberno galego porque, reiterou, “non é conveniente compatibilizar a dobre condición de presidente da Xunta e do PP estatal.

Puxo de novo como exemplo as máis que probables contradicións entre a posición de Feijóo como presidente galego para defender os intereses de Galicia na reforma do modelo de financiamento e a súa posición política “para pedirlle o voto aos compromisarios do PP en Murcia ou Valencia”.

O Pleno do Parlamento incluirá tamén unha serie de iniciativas en materia medioambiental, como unha moción para garantir a calidade das augas nas rías, ou unha pregunta sobre a falla de depuradora en Barreiros. En materia social, os socialistas presentarán unha interpelación sobre a falla de atención nos servizos de Cardioloxía en Lugo, Ourense e tamén no Salnés.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para reclamar o reforzo do parque público de vivendas, logo de que dende 2007 só foran cualificadas 7 vivendas de promoción pública cando hai máis de 11.000 demandantes en toda Galicia.

Tamén incluirán unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que compense ás universidades polos ingresos que deixan de percibir coa conxelación das taxas de matrícula e a rebaixa de prezos dos mestrados habilitantes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar