Nefasta xestión do Igape

Nefasta xestión do Igape

Nefasta xestión do Igape

Igape pequenaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a “xestión nefasta” do Igape, que ten reducido o seu orzamento á metade dende a chegada de Feijóo ao goberno galego, “e de aí execútase a metade”. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Industria para reclamar un “incremento substancial” do orzamento do ente que foi vetado polo PP.

Losada criticou que o goberno galego queira reducir á irrelevancia ao que debe ser o principal instrumento investidor do goberno galego en apoio ao tecido empresarial galego e que a Xunta cambia por “milongas”. Así cualificou unha xestión que pasou de executar o 68,5 por cento do orzamento previsto en 2009 ao 55 en 2010, o 30 en 2011, o 38,6 en 12, o 30,5 en 2013 e o 45,5 por cento en 2014.

Losada sinalou que na primeira metade de 2015, o Igape apenas ten executado o 10 por cento dun orzamento de 82 millóns de euros, o que non impide que teña acordado unha reasignación de crédito de 14,5 millóns de euros no mes de setembro. Esixiu que “alguén explique este tipo de enxeñería financeira cando teoricamente aínda quedan 75 millóns dispoñibles”.

Reclamou que o Igape “xogue o papel que debera como Instituto de Promoción Económica” logo dos “ataques contra o sistema financeiro galego por parte do goberno de España”. Lembrou así a venda acelerada de NGB para que a continuación en só dous anos os beneficios xa teñan superado os custes da operación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar