"Nada real" no discurso pretendidamente conciliador de Feijóo

"Nada real" no discurso pretendidamente conciliador de Feijóo

“Nada real” no discurso pretendidamente conciliador de Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que “o discurso pretendidamente conciliador de Feijóo non se traduce en nada real, nada concreto”. Así o dixo nun encontro cos medios de comunicación para realizar balance do primeiro período de sesións da Lexislatura e para presentar as emendas aos Orzamentos que demostran que “outra política económica é posible”.

O responsable socialista recoñeceu un “sabor lixeiramente amargo” logo dun período de sesións breve condicionado polo debate tardío dos orzamentos para 2017 e pola constatación da “escasa vontade” do presidente da Xunta de “abrir novas posibilidades de acción” na dirección política de Galicia. Sinalou que Feijóo renuncia a afrontar unha nova etapa “tanto no fondo como nas formas”.

Sinalou unha “certa decepción ao afrontar unha nova etapa que podería tomar como unha despedida amable”, logo de terse comprometido a non repetir como presidente da Xunta, pero que “non parece que sexa así”.

Mesmo no fondo ten demostrando falla de axilidade para adiantarse na súa xestión, nomeadamente fronte á anunciada paralización da Lomce, avisada polo propio Leiceaga, nas infraestruturas ou nas iniciativas para frear a pobreza enerxética, que serán levadas ao próximo Pleno en forma de moción polo grupo socialista.

Ademais Galicia padece o seu “desaxuste interno” dentro do propio PP, onde pasou de “gran promesa” a un mero “rival interno ao que Rajoy vai poñendo no seu sitio”. Puxo como mostra as obras do AVE, logo dunha visita do ministro a Galicia “onde non dixo nada” para trasladarse a continuación ao País Vasco e “desbloquear a infraestrutura” como consecuencia da busca de acordos políticos co PNV.

Algo semellante sucede coa AP-9, que se saldou cunha comisión bilateral que supón unha “cortina de fume”, e instouno a aprobar unha proposición non de Lei que será presentada polos socialistas galegos para frear a suba das peaxes contemplada no protocolo asinado con Audasa en decembro de 2012. O goberno central comprometeuse daquela a unha suba anual acumulativa do 1 por cento durante 20 anos a partir de 2018.

Orzamentos

Fernández Leiceaga presentou tamén as emendas de devolución aos orzamentos da Xunta para demostrar que “é posible facelo doutra maneira” que permita manter os servizos públicos e impulse a economía galega e polo tanto a creación de emprego. Censurou a “continuidade e escasa ambición” amosadas polo goberno galego, cun balance de execución orzamentaria que “en calquera lugar esixiría a dimisión do conselleiro do ramo”.

Apuntou deste xeito ao responsable de que os máis de 90 millóns de fondos europeos destinados a impulsar o emprego xuvenil leven dous anos consecutivos sen utilizarse. Explicou que “tanto en 2015 como no que levamos de 2016 a execución das partidas comunitarias é de cero, cando temos un desemprego xuvenil do 50 por cento e unha precariedade laboral do 77 por cento.

Criticou tamén o “uso pouco eficiente” da capacidade de endebedamento do goberno galego, que renuncia a acadar o límite de déficit permitido polo goberno central, renunciando a investir 60 millóns de euros, cunha política económica “pouco ambiciosa e mal dirixida”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar