Multas fiscais vergoñentas polos retrasos no pago de subvencións agrarias

Multas fiscais vergoñentas polos retrasos no pago de subvencións agrarias

Multas fiscais vergoñentas polos retrasos no pago de subvencións agrarias

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, denunciou hoxe que o cambio dos criterios da Axencia Tributaria está a provocar un importante quebranto nas contas dos gandeiros mozos galegos e demostra un trato “vergoñento” por parte da Administración Tributaria.

Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei do Grupo Socialista na que denunciou que a Axencia Tributaria obriga, dende o ano 2014, a declarar e tributar, no ano en que son concedidas as subvencións e non no momento de ingreso das axudas. Isto obriga aos beneficiarios de axudas do Feader que son cobradas ao ano seguinte a pagar intereses de demora e sancións, entre outros prexuízos.

González Santín revelou casos concretos da montaña de Lugo nos que os beneficiarios dunha axuda de 28.000 euros concedida no ano 2014 e abonada en 2015 tiveron que pagar case 19.000 euros a Facenda por non declarala naquel ano. Sinala que no caso de tributar no momento de recibir as axudas a declaración resultante sairía “a devolver”.

Advertiu que este novo criterio “imposto por Montoro” prexudica especialmente aos mozos e mozas que se queren incorporar á actividade agraria e necesitan da axuda do Estado, agudizando a “ameaza á supervivencia das pequenas e medianas explotacións”.

Veto do PP

González Santín criticou o veto do PP a esta iniciativa que reclamaba o cambio do criterio de devengo, o que está a aplicar a Axencia Tributaria, polo criterio de pago a elección do contribuínte. Este é o que se viña aplicando ata agora e o que reciben por exemplo os cidadáns que declaran IRPF por conta allea a teñen que declarar os atrasos nos pagos da súa empresa, escollendo eles o ano no que os declaran.

O PP tampouco quixo solicitar o pago das subvencións do sector agro gandeiro no mesmo exercicio económico no que se conceden, unha medida que cortaría “de raíz” os problemas aos que aludiu o propio González Santín.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar