Mosquera debe ser cesada pola súa "ansiedade demostrada para acabar coa sanidade pública"

Mosquera debe ser cesada pola súa "ansiedade demostrada para acabar coa sanidade pública"

Mosquera debe ser cesada pola súa "ansiedade demostrada para acabar coa sanidade pública"

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe o cese da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, logo de ter demostrado “unha tremenda ansiedade para acabar coa sanidade pública”. Así o dixo logo de que onte a conselleira clamara pola “insostibilidade” do sistema sanitario e hoxe Feijóo a desmentira considerándoa “irrenunciable”.

A responsable socialista esíxelle a Feijóo que “explique dunha vez quén minte e quén está a revelar a verdadeira folla de ruta do PP”, caracterizada pola “privatización dunha sanidade que para a conselleira non é rendible e por iso llela regala ás empresas privadas, que si acadan unha xenerosa marxe de beneficios”.

Acuña sinala que esta nova estridencia da conselleira de Sanidade “conforma xa unha mochila demasiado pesada para unha das principais carteiras do goberno galego”, logo de ter demostrado que “a súa única preocupación é situar ao seu marido á fronte dun servizo hospitalario” e de tapar as críticas provocando a dimisión en bloque do Comité de Bioética por cuestionar os recortes.

Mentres, dixo, “desmantela o sector público” obrigando aos médicos a “migrar ao sector privado”, e deixa á sanidade pública anémica polos recortes drásticos dun goberno que provoca colapsos nos servizos sanitarios en cada período vacacional e con cada repunte de gripe, cos pacientes atendidos sen medios e en centros hospitalarios que “mais parecen hospitais de campaña que centros públicos dun país desenvolvido”.

Sostibilidade

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “mire atentamente para as 9 comunidades autónomas gobernadas polos socialistas que van garantir o regreso da universalidade e o freo dos copagos e as privatizacións nos servizos sanitarios.

Son moitos os exemplos, explicou, de gobernos do PP que teñen demostrado que a privatización “nin é austera nin mellora a sostibilidade do sistema”, cando os recortes continúan supoñendo o aumento imparable da débeda, e casos como o de Valencia demostran que as privatizacións son incontestablemente mais caras que o servizo público.

Ademais, sinalou que comunidades autónomas como Andalucía contan con dous profesionais afincados en Bruxelas dedicados tan só a buscar e xestionar fondos comunitarios. Mentres, dixo, “en Galicia lamentablemente utilizamos estes fondos tan só para comprar camións ou para cofinanciamentos que a Xunta non executa, poñendo en risco a súa continuidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar