Mobilización contra a Lomce e por unha norma educativa de consenso

Mobilización contra a Lomce e por unha norma educativa de consenso

Mobilización contra a Lomce e por unha norma educativa de consenso

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe a paralización da Lomce para “xerar un clima de consenso” para acadar unha nova regulación educativa. O responsable socialista encabezou en Santiago a delegación socialista na mobilización contra a Lomce e as reválidas de secundaria e bacharelato convocada hoxe en toda Galicia.

Fernández Leiceaga advertiu que as reválidas están a provocar “incertidume e zozobra” entre pais, alumnos e o profesorado e reclamou “unha proba máis parecida á que existía, que permita o acceso universal a tódalas universidades de España e non provoque divisións e problemas entre os profesores e alumnos no comezo deste curso”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o portavoz socialista advertiu que “se como parece Rajoy encabeza un goberno en franca minoría iso vai permitir que a Lomce sexa derrogada ou modificada notablemente, e outras leis aprobadas na lexislatura anterior sigan unha sorte semellante”.

Así o dixo durante a manifestación en contra da Lomce de Santiago de Compostela, na que participou xunto con outros representantes do Grupo Socialista, como as deputadas Loli Toja e Begoña Rodríguez Rumbo. O resto dos deputados e deputadas do Grupo Socialista secundaron as protestas no día de hoxe en cadansúa localidade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar