Miopía institucional fronte á praga da pataca

Miopía institucional fronte á praga da pataca

Miopía institucional fronte á praga da pataca

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias coas que denuncia que a “miopía institucional” diante da praga da polilla guatemalteca pode provocar “danos irreparables” na produción de pataca galega. Os socialistas reclaman “un plan de actuación, axudas para o afectados e información para todos”.

O responsable socialista dirixiuse ao goberno galego para reclamarlle que “non sexa cómplice da incompetencia” demostrada polo goberno central ao retrasar durante meses un decreto de actuación contra esta praga, coñecida dende 1999. Alerta de que a lentitude administrativa “é a mellor axuda” a unha especie invasora agresiva, que pasou de afectar a un concello de Ferrolterra en 2015 a case 40 hoxe -31 en Galicia e o resto en Asturias-.

Quiroga quere chamar a atención do goberno galego para que tome a bandeira da loita contra esta especie diante da pasividade do Executivo central e “non repita o seu hábito de repartir responsabilidades entre o goberno e os concellos co único obxectivo de non facer nada”. O risco chega a tal punto, dixo, que “non nos podemos permitir xogos dialécticos entre administracións, debemos actuar xa, con contundencia e eficacia”.

Para iso reclámalle ao goberno galego que poña en marcha un Plan de Investigación coa Universidade e os centros de investigación que estime oportuno para desenvolver medidas axeitadas para controlar e erradicar a praga. Ademais, demanda as partidas orzamentarias precisas para atender aos afectados e cubrir danos futuros, así como unha campaña de información dirixida aos grandes e pequenos produtores.

Finalmente, sinala que o goberno galego debe dirixirse ao Executivo central “para solicitar de maneira urxente a publicación do real decreto que vai servir de base para enfrontar á praga”.

O responsable socialista urxe a “avanzar tanto na diagnose como no tratamento” con medidas que vaian máis alá da corentena imposta pola Consellería do Medio Rural, efectiva con relación aos grandes e medianos produtores pero dunha eficacia relativa debido aos milleiros de cultivadores para autoconsumo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar