Mínimo de 10.000 millóns adicionais no novo modelo de financiamento

Mínimo de 10.000 millóns adicionais no novo modelo de financiamento

Mínimo de 10.000 millóns adicionais no novo modelo de financiamento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe unha proposta a debate cos seis criterios centrais para que Galicia defenda no debate sobre a reforma do modelo de financiamento. Os socialistas presentarán unha moción no próximo Pleno que inclúe ademais as 20 propostas concretas para garantir un incremento “indispensable” dos recursos procedentes do Estado en 10.000 millóns.

O responsable socialista respondeu á intervención do presidente da Xunta e do conselleiro de Facenda no último Pleno do Parlamento cunha proposta para que Galicia defenda unha posición consensuada neste proceso. Valorou o nomeamento do catedrático da Universidade de Vigo Santiago Lago como persoa que represente a Galicia no Comité de Expertos, por ser “extremadamente cualificado”, ademais de independente.

Sen embargo, puntualizou que “non chega” con acordar o nome do experto, xa que Galicia debe contar cunha posición común que permita garantir o financiamento dos servizos sociais en Galicia, cunha poboación envellecida e dispersa que encarece notablemente as prestacións.

A proposta socialista propón a corrección dos desequilibrios verticais –as comunidades autónomas que deben prestar os servizos apenas reciben aportacións do Estado- e garantir a suficiencia. Para iso resulta “indispensable” que o Goberno poña sobre a mesa un 10 por cento adicional de recursos, 10.000 millóns de euros, e Galicia “deberá como mínimo obter un 7 por cento dos recursos adicionais”.

Propón ademais situar a “equidade e solidariedade plena” como principios do novo modelo, xunto coa estabilidade, a autonomía financeira, a lealdade institucional e coordinación e a sostibilidade do sistema. Estas liñas xerais inclúen máis de 20 propostas concretas para definir as demandas de Galicia no debate sobre o reparto dos recursos.

Ademais, estableceu tres principios irrenunciables da posición de Galicia, como é que o reparto se realice a través das necesidades de gasto, que a solidariedade sexa “plena e non parcial” entre as comunidades autónomas e que o reparto dos recursos non se estableza a través do principio de ordinalidade, o que prexudicaría a esta Comunidade Autónoma.

Orzamentos

Fernández Leiceaga realizou ademais unha valoración do debate dos Orzamentos da Xunta, que hoxe rematan o trámite en Comisión sen que teña sido aprobada unha soa das emendas presentadas pola oposición, entre elas 603 emendas ao estado de gastos e 48 ao articulado presentadas polos socialistas galegos. Este resultado da unha idea nítida, dixo, da “vontade de pacto real do PP e do talante” demostrado por Feijóo na Cámara autonómica.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar