Milleiros de explotacións de leite ao borde da desaparición polo desleixo de Feijóo

Milleiros de explotacións de leite ao borde da desaparición polo desleixo de Feijóo

Milleiros de explotacións de leite ao borde da desaparición polo desleixo de Feijóo

vacasO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que o “desleixo” de Feijóo e do goberno galego na defensa do sector leiteiro o ten levado a unha situación “inédita en Europa”. Méndez Romeu preguntoulle hoxe ao presidente da Xunta pola súa inacción diante da desaparición do sistema de cotas, que os gandeiros galegos afrontan cos prezos mais baixos de Europa. Sinalou que “mentres Francia e Alemaña están incentivando a produción, aquí o prezo está tirado e nin sequera se garante a recollida do leite”. Lamentou a ausencia de iniciativas de Feijóo mais alá de declarar que “o litro de leite non debera valer menos que uns chicles”, logo

do que “na da fixo vostede, a súa conselleira non é quén de facelo nin o seu equipo ten cualidades”. Advertiu que “ou se inverte rapidamente a situación ou milleiros de explotacións desaparecerán” nun sector “estratéxico en termos económicos, de emprego e de sostibilidade do territorio”. Criticou que a Xunta renuncie a exercer as súas competencias para a defensa dun sector do que Galicia supón mais da metade das explotacións do Estado, o 40 por cento da produción, 20.000 empregos directos e 30.000 indirectos. O debate constatou a desinformación do presidente da Xunta, que anunciou un incremento do 50 por cento no censo de vacas de leite, cando a realidade é que o número de cabezas descendeu en Galicia un 24 por cento nos últimos 10 anos. Xuntanza inexistente Méndez Romeu desmentiu ás afirmacións do presidente da Xunta sobre supostas xuntanzas co sector, cando a realidade é que tódalas organizacións agrarias solicitaron un encontro hai mes e medio e “a día de hoxe non tiveron ningunha chamada, e a derradeira xuntanza remítese a decembro de 2011”, mentres “tiveron mais encontros coa ministra nunha semana que co presidente da Xunta en seis anos”. O responsable socialista acusou ao goberno galego de negarse a entrevistarse coas organizacións agrarias “e iso cando non lle bota a culpa directamente aos gandeiros” por non asinar contratos coa industria. Para desmentilo, puxo como exemplo os contratos que a industria pon enriba da mesa obrigando aos gandeiros a renunciar aos contratos a un ano baixo a ameaza de non recoller mais do 80 por cento da produción. A situación é que “a gran distribución utiliza o leite como reclamo e a industria traslada as perdas aos gandeiros” con prácticas “manifestamente ilegais”, en alusión ao informe da CNMC que advirte de prácticas irregulares de reparto de produtores e acordo de prezos entre as industrias. Mentres, “vostedes e o goberno central non se enteran ou miran para outro lado”. Prezo Méndez Romeu criticou que mentres o resto dos países da UE incentivan a produción para afrontar a liberalización dos mercados “a conselleira de Agricultura amedrentaba aos gandeiros cunha posible multa por sobreprodución que finalmente foi practicamente inexistente”. Agora os gandeiros galegos atópanse coas explotacións debilitadas logo de reducir a produción mentres os prezos do leite son “os mais baixos de Europa”. Explicou que, de acordo cos datos do Ministerio de Agricultura, mentres o prezo a nivel estatal sitúase en 0,34 euros por litro, en Galicia só acadou os 0,30 o ano pasado, e en 2015 “estamos en torno aos 0,27, hoxe mesmo oscilan entre os 0,23 e os 0,26, con 3.000 explotacións vendendo o leite a 0,21 euros por litro, por debaixo do prezo de custe”. O portavoz socialista lamentou que Feijóo se adxudicara a suba dos prezos do leite hai varios anos cando, dixo, “ten acontecido a pesares do goberno galego, ou vai sacar peito tamén da baixada do prezo do petróleo?”, preguntou. Si que responsabilizou sen embargo ao presidente da Xunta de “darlle 8 millóns de euros a unha empresa insolvente”, como Alimentos Lácteos, dirixida “por dous cargos do PP por capricho seu e que agora están obrigados a devolver os seus salarios desorbitados, a empresa está disolta, débenlle cartos aos gandeiros e os traballadores están despedidos, e mesmo o Igape e Xesgalicia figuran como acredores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar