Miguel Fidalgo, novo portavoz da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca do Senado

Miguel Fidalgo, novo portavoz da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca do Senado

Miguel Fidalgo, novo portavoz da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca do Senado

A dirección do Grupo Socialista no Senado designou o senador por Ourense, Miguel Fidalgo, voceiro da Comisión de Medio, Agricultura e Pesca da Cámara Alta. Fidalgo substitúe nesta portavocía a Esmeralda Iranzo, recentemente designada voceira Adxunta do Grupo Socialista no Senado.

Fidalgo tomou posesión do seu escano no Senado o 9 de marzo de 2008, tras prometer acatar a Constitución.

Na actualidade é o vicevoceiro do seu Grupo na Comisión de Fomento e é membro vocal da Comisión de Vivenda.

Miguel Fidalgo, nacido na localidade de Ribadavia (Ourense) o 10 de abril de 1956, foi profesor do Colexio F. Rural de Ribadavia (1979-1987), Técnico do Grupo Socialista na Deputación de Ourense (dende 1996) e Asesor da Consellería de Medio da Xunta de Galicia (2005-2008).

Ademais, Fidalgo ocupou un escano de Deputado no Parlamento de Galicia entre os anos 1989 e 1992 e foi Concelleiro do Concello de Ribadavia nos períodos comprendidos entre os anos 1983-1987, 1989-1992 e 1995-2003. Tamén foi Alcalde do mesmo municipio de 1987 a 1989 e de 1992 a 1995.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar