Miguel Fidalgo lamenta que sexa unha senadora galega (do PP) a que defenda a supresión de servizos de tren

Miguel Fidalgo lamenta que sexa unha senadora galega (do PP) a que defenda a supresión de servizos de tren

Miguel Fidalgo lamenta que sexa unha senadora galega (do PP) a que defenda a supresión de servizos de tren

O senador galego reclamaba nunha moción deixar sen efecto a decisión do Ministerio de suprimir os servizos ferroviarios na liña Ourense a Vigo, Coruña-Ferrol, Coruña-Lugo-Monforte, Ourense-Monforte-Valdeorras-Ponferrada, así como o peche da liña Ourense-Puebla Sanabria

Tras o rexeitamento do PP á proposta, Fidalgo asegura que "non" é eficaz prexudicar a 300.000 viaxeiros para aforrar dous millóns de euros" e engade que "o Ministerio está para garantir a mobilidade dos cidadáns e non para suprimir servizos"

Tren TalgoO senador do PSOE por Ourense, Miguel Fidalgo, defendeu esta tarde na Comisión de Fomento unha moción asinada polos senadores socialistas de Galicia que reclamaba deixar sen efecto a decisión do Ministerio de suprimir os servizos ferroviarios na liña Ourense a Vigo, Coruña-Ferrol, Coruña-Lugo-Monforte, Ourense-Monforte-Valdeorras-Ponferrada, así como o peche da liña Ourense-Puebla Sanabria.

Fidalgo argumentou que Galicia non ten servizo de proximidades e que aínda está sen rematar a modernización da rede ferroviaria e engadiu que esta decisión supón recortar servizos entre todas as cidades e territorios de Galicia.

O senador galego subliñou que "non" é eficaz prexudicar a 300.000 viaxeiros para aforrar dous millóns de euros, polo que a decisión axeitada sería buscar a cooperación coa Xunta, as Deputacións e os Concellos,". Neste sentido, apuntou que "o ministerio está para garantir a mobilidade dos cidadáns e non para suprimir servizos".

O parlamentario do PSOE puxo en dúbida o Informe do Ineco porque estuda tramos con situacións diferentes. Un exemplo é o caso do traxecto Vigo-Ourense-Monforte-Ponferrada, no que hai situacións moi diferentes de usos e necesidades nuns tramos ou outros, polo que a metodoloxía utilizada non é a axeitada. Ao seu xuízo, "o Goberno non busca opcións alternativas e, enriba, "impón peores horarios".

Ademais, Miguel Fidalgo asegurou que os custos de servizo non son os que se indican e apuntou que "parece que primeiro decidiron suprimir frecuencias de tren e logo acomodaron os datos a esa decisión". Fidalgo tamén sinalou que "é coma se o ministerio buscase que ninguén viaxe en tren, para que quede oportunidade de negocio para un aproveitamento privado no futuro". Neste punto, afirmou que "eses servizos non poden ser substituídos polos do autobús porque os itinerarios son diferentes na rede ferroviaria e a rede de autovías non coincide".

O senador galego acusou a ministra Ana pastor de "decidir esta supresión de servizos de forma unilateral, con falta de transparencia, sen debate no parlamento, sen buscar solucións coa Xunta, as Deputacións, os Concellos e a sociedade civil que posicionouse en contra,".

Miguel Fidalgo concluíu lamentando a desidia e o desinterese do Partido Popular que non presentou emendas á moción e tampouco utilizou a quenda en contra para replicar os seus argumentos, así como que sexa unha senadora galega a que defende a supresión dos trens.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar