Miguel Fidalgo esixe para Galicia un AVE de dobre vía e nas mesmas condicións que no resto de España e critica os recortes e atrasos do PP, "que está a traizoar a Galicia"

Miguel Fidalgo esixe para Galicia un AVE de dobre vía e nas mesmas condicións que no resto de España e critica os recortes e atrasos do PP, "que está a traizoar a Galicia"

Miguel Fidalgo esixe para Galicia un AVE de dobre vía e nas mesmas condicións que no resto de España e critica os recortes e atrasos do PP, "que está a traizoar a Galicia"

O senador socialista galego acusa ao Goberno de actuar sen transparencia e subliña que os estudos de ADIF confirman que a chegada da AVE a Galicia se está a realizar nunhas condicións claramente rebaixadas con respecto ao resto de España

O senador socialista galego, Miguel Fidalgo, esixiu, esta tarde, na Comisión de Fomento, unha liña de alta velocidade a Galicia de dobre vía e nas mesmas condicións que no resto de España. Fidalgo defendeu unha moción neste sentido na que, concretamente, pedía que non se liciten obras que non se adecúen ao proxecto orixinal, que se manteña a chegada da alta velocidade a Galicia nas mesmas condicións que no resto da rede nacional, que non se instale unha única vía e que se recupere o proxecto anterior de dobre vía e de estándares de alta velocidade similares ao resto de España.

O parlamentario do PSOE lamentou que a súa proposta fose rexeitada finalmente debido ao voto en contra do PP, que conta con maioría absoluta, e engadiu que "o que pedimos é unha decisión xusta e é que non se pode traizoar así a Galicia".

Durante a súa intervención, recordou que os estudos de ADIF confirman que a chegada da AVE a Galicia se está a realizar nunhas condicións claramente rebaixadas con respecto ao resto de España e afirmou que "se trata dun incumprimento do Goberno, que actuou sen transparencia, e dunha traizón grave a Galicia. É intolerable que se atrase e se recorte esta actuación e que se incumpran os pactos. A ministra Pastor oculta e nega á opinión pública o parón evidente na obra e o Ministro de Facenda dá a puntilla á obra negando a utilización de fondos para financiar o devandito proxecto. Estase a actuar sen transparencia e o Goberno debe rectificar. Non imos ser cómplices desta vergoña nin imos estar calados".

Miguel Fidalgo reivindicou a xestión da AVE a Galicia do anterior goberno socialista e destacou que a chegada do PP ao poder supuxo un claro atraso na execución da obra e un enorme recorte. "Aínda non sabemos cando concluirán os tramos de Olmedo-Zamora, previsto nun principio para o ano 2012, e Zamora-Puebla de Sanabria previsto para 2014", protestou.

Fidalgo apuntou que, co PP, se atrasaron as licitacións e se modificaron as obras de execución contratadas anteriormente, retiráronse tuneladoras e apostouse pola vía única en vez da plataforma de dobre vía co único obxecto de aforrar 1.000 millóns de euros nunha obra presupostada en 13.000 millóns e na que non se rendibilizan as obras anteriores xa executadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar