Miguel Fidalgo asegura que a chegada ao Goberno do PP provocou que se paralicen todas as melloras nas infraestruturas da Garda Civil e Policía en Ourense

Miguel Fidalgo asegura que a chegada ao Goberno do PP provocou que se paralicen todas as melloras nas infraestruturas da Garda Civil e Policía en Ourense

Miguel Fidalgo asegura que a chegada ao Goberno do PP provocou que se paralicen todas as melloras nas infraestruturas da Garda Civil e Policía en Ourense

O senador galego lamenta que o Executivo maltrata, en cada decisión, ao mundo rural, que é a quen primeiro o fai pagar os recortes

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, recordou e subliñou, esta tarde, na Comisión de Interior da Cámara Alta que o Goberno socialista levou a cabo melloras nos Cuarteis da provincia para completar unha rede de instalacións en todas as bisbarras, como é o caso do novo cuartel de Xinzo, Nogueira de Ramuín, e a rehabilitación integral en Celanova, Verin, Ribadavia e Carballiño, entre outros moitos.

Fidalgo preguntou ao Secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez Vázquez, sobre as previsións nos cuarteis e afirmou que a chegada ao Goberno do PP fixo que se paralizasen todas as melloras nas infraestruturas da Garda Civil e Policía na provincia.

O parlamentario do PSOE citou o caso do cuartel de Castro Caldelas onde os gardas traballan en condicións inhumanas nun local "que cae" e subliñou que "é moi grave que o Goberno non diga que non vai actuar ata 2017" porque este cuartel cobre unha extensa bisbarra rural e de montaña.

Igualmente, Miguel Fidalgo referiuse ao caso do cuartel de Bande que cobre outra bisbarra rural, próxima á fronteira con Portugal e na que o Goberno non pensa actuar ata 2019 ou 2020. Neste caso, indicou que foi obxecto de noticia o escándalo pola actuación da deputada do PP e presidenta da Comisión de Interior do Congreso que "manobrou para trasladar ao sarxento de posto e, non obstante, non se preocupa de conseguir un novo Cuartel".

Fidalgo destacou que esta situación, xunto co recorte de medios humanos e técnicos nos membros da Garda Civil, se notou no aumento dos delitos en vivenda e establecementos das bisbarras rurais da provincia de Ourense.

O senador galego concluíu asegurando que "o Goberno do PP maltrata, en cada decisión, ao mundo rural, que é a quen primeiro lle fai pagar os recortes, referidos a pensións, fondos de desenvolvemento rural, bolsas, libros ou transporte escolar, copagamentos e transporte sanitario, recortes de centros, agora taxas e supresión de xulgados, proxectos de desenvolvemento e desviando os fondos públicos para outros sectores e territorios máis ricos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar