Meses de demora nas probas diagnósticas de pacientes con cancro no CHUO

Meses de demora nas probas diagnósticas de pacientes con cancro no CHUO

Meses de demora nas probas diagnósticas de pacientes con cancro no CHUO

A deputada Noela Blanco fai balance dun período de sesións no que presentou case 350 iniciativas, máis da metade para a provincia de Ourense e “todas” rexeitadas polo PP

 

Ourense, 18 de xullo de 2018. A parlamentaria socialista Noela Blanco denunciou este mércores unhas demoras “intolerables” na realización dos TACs de control que requiren os pacientes con cancro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, pois estanse levando a cabo con “dous ou tres meses de retraso” con respecto ao que prescriben os oncólogos.

 

Como explicou a socialista ourensana nun almorzo informativo, “os TACs permiten medir a evolución da enfermidade”, polo que constitúen “a base dos tratamentos”. Neste contexto, apuntou que o ano pasado os pacientes con cancro do CHUO rexistraron “máis de 150 reclamacións” a causa dos retrasos, e que xa van máis de medio centenar no que vai de 2018.

 

Ademais, dado que no centro hospitalario atribúen esta situación á falta de especialistas e derivan a moitos pacientes á privada, Noela Blanco urxiu á Xunta que dispoña “máis medios”. E é que, sumadas ás dificultades para o seguimento da patoloxía, as demoras “supoñen un estrés e un sufrimento adicional para os doentes”.

 

“Só un goberno sen alma pode permitir unha situación que carrexa consecuencias tan graves coma estas", alertou a deputada do PSdeG, ao tempo que anunciou iniciativas parlamentarias coas que reclamará que “non se excedan os tempos de espera recomendados” para estas probas e que “se publiquen os datos das agardas”.

 

RENDICIÓN DE CONTAS

 

En paralelo, Noela Blanco presentou aos xornalistas os datos da súa actividade parlamentaria durante o período de sesións que acaba de rematar. Foron, como dixo, case 350 iniciativas (máis de 1.500 no que vai de lexislatura), das que “máis da metade” estaban centradas na súa provincia e “todas” elas foron rexeitadas polo PP.

 

Isto ocorre, como dixo, na única provincia galega que ata o cambio de goberno en España estaba rexida polo PP en todos los niveis administrativos. “E o PP puxo a Ourense no furgón de cola de España”, denunciou a socialista, quen recordou que Ourense “presenta os peores datos socioeconómicos e unha desigualdade moito maior que outras zonas”.

 

A modo de exemplo, apuntou que Ourense ten “a peor taxa de actividade de toda España, e seguimos perdendo tecido económico”, e é onde “máis caeu a poboación nos últimos corenta anos”. “Hai máis pensionistas que ocupados, e faltan nacementos porque faltan oportunidades”, recalcou.

 

Entre as iniciativas defendidas por Noela Blanco no Parlamento nestes meses, destacou aquelas que teñen “maior incidencia na calidade de vida” da cidadanía. Así, entre outras, recordou as relacionadas coa “privatización” do centro de menores Montealegre, sobre a “falla” de centros de saúde e sobre a necesidade dun servizo de hemodinámica 24 horas no CHUO.

 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar