Mercantilización deliberada da saúde por unha Xunta que busca rematar coa equidade e a universalidade do sistema

Mercantilización deliberada da saúde por unha Xunta que busca rematar coa equidade e a universalidade do sistema

Mercantilización deliberada da saúde por unha Xunta que busca rematar coa equidade e a universalidade do sistema

enfermerasO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe que o goberno galego está a aplicar unha “axenda deliberada de mercantilización da saúde” para dinamitar a equidade e universalidade do sistema construído a partir da Lei Xeral de Sanidade de 1986. Así o dixo na clausura da xornada parlamentaria sobre as repercusións dos recortes na sanidade sobre o acceso aos tratamentos oncolóxicos organizada hoxe polo PSdeG.

O programa de recortes aplicado pola Xunta coa escusa da crise económica, dixo, provoca graves problemas na sanidade que repercuten directamente na calidade da atención aos pacientes con cancro. Estes problemas están a ser xeralizados na atención sanitaria, como evidencia a resistencia a aplicar vacinas pediátricas da varicela ou da meninxite B, os tratamentos contra a hepatite C ou o desabastecemento dos centros de saúde.

Méndez Romeu advertiu que o empeño dos gobernos conservadores en tratar a asistencia sanitaria como un produto mais de consumo obvia deliberadamente que o custe global dunha asistencia universal e gratuíta, tal e como se viña a aplicar dende os anos 80, é “perfectamente asumible, pero está a ser modificado por unha decisión ideolóxica de carácter político”.

Denunciou a “vontade manifesta de transformar o que é público, universal e gratuíto en algo mais reducido, complementado polos seguros privados e cedido en parte nas mans da oferta privada”. Esta mercantilización afecta especialmente ao mercado dos medicamentos, excluídos en boa parte do réxime xeral de saúde pública, ou dos servizos clínicos, mentres os seguros privados “aumentan sen cesar dende o comezo da crise”.

Chamou a continuar coa “presión social” para frear unha estratexia que quere derrubar un sistema universal e equitativo. Lembrou que o modelo anterior centrábase precisamente en “diferentes niveis de atención en función de diferentes niveis de renda con acceso a diferentes mutuas con coberturas e atención desigual en función da estratificación social”.

Méndez Romeu clausurou hoxe a xornada parlamentaria “Os recortes na sanidade: Repercusións no acceso aos tratamentos oncolóxicos”, que foi inaugurada a primeira hora da tarde polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. A xornada contou cunha mesa redonda moderada pola portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña.

Contou coa intervención de distintos profesionais dos servizos de Oncoloxía das áreas sanitarias, así como da representante da Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Montserrat Recaldo, da Asociación de Afectadas por Cancro de Mama “Punto e Seguido”, Áurea González, e diversas testemuñas que compartiron a súa situación en primeira persoa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar