"Mentres Feijóo fala de austeridade, o PP fai un gasto desmesurado nesta campaña"

"Mentres Feijóo fala de austeridade, o PP fai un gasto desmesurado nesta campaña"

"Mentres Feijóo fala de austeridade, o PP fai un gasto desmesurado nesta campaña"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou que “mentres Feijóo fala de austeridade o Partido Popular fai un gasto absolutamente desmesurado nesta campaña”.

Pachi Vázquez fixo estes denuncia en Xinzo de Limia, acompañado pola candidata, Elvira Lama, e membros da súa candidatura, onde lamentou que “unha vez máis Feijóo e o PP din unha cousa e fan xusto a contraria. Feijoo pasou a campaña falando de austeridade nos concellos, o pola contra o PP pasouna gastando cartos a mancheas cos seus candidatos”.

Como proba do gasto desmesurado do PP, Vázquez apuntou que “hoxe tódolos xornais galegos levan unha media de seis páxinas de publicidade do PP. Iso non é austeridade”, recalcou.

O líder dos socialistas reiterou que “o PP terá que explicar de onde saca os cartos para facer estas campañas publicitarias; de onde sacan os cartos para pagar comidas multitudinarias, das que nunca se sabe quen paga as facturas”.

Ademais, aproveitando a súa vista a Xinzo, Vázquez sinalou que ”Baltar tamén terá que explicar de onde sacou os cartos para vir a Xinzo a repartir miles de euros diante de todo o mundo, sen ningún tipo de pudor.”

Por todo isto, o socialista preguntoulle a Feijóo ”onde quedou a súa austeridade” e esixiulle que “deixe de enganar os galegos e as galegas”.

Compromiso coas políticas para a mocidade

Pachi Vázquez criticou que Feijóo non só engana aos galegos cando fala de austeridade, senón tamén cando fala de políticas para a mocidade.

Neste senso, anunciou que “ todos os candidatos e candidatas socialistas de Galicia levarán a cabo un plan especial de axudas aos mozos e mozas parados”. Fixo estas declaracións en Verín, acompañado polo candidato, Emilio González, onde lembrou que “esta vila conta taxa de paro xuvenil máis alta de toda Galicia.”

Neste senso, Vázquez reiterou o compromiso dos socialistas para cos mozos e mozas a través de tres accións; a creación de plans de emprego xuvenís nos concellos, plans de axuda para a emancipación e a creación de espazos de debate, creando consellos locais de xuventude.

Polo contra, o líder dos socialistas denunciou que “non é xusto que o Goberno galego anulase a renda de emancipación; que anulara o Noitebús, deixando a 300.000 mozos galegos sen este servizo, fundamental para a seguridade cando saen os fins de semanas”.

Deste xeito, lembrou que “hai 10.000 mozos e mozas galegos formados que emigran fora da nosa comunidades porque non hai traballo”. “O goberno da Xunta falou dun plan de emprego xuvenil, que dous anos e dous meses despois, nin se fixo nin se está a facer”, aseverou Vázquez.

“Os socialistas acadamos un compromiso coa nosa mocidade, que hoxe se atopa desencantada, dicíndolle que a mellor forma de participar e votar partidos progresistas, votar partido socialista”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar