Mentira e burla do PP ao modificar a ILP para equiparar a sanidade de Lugo co resto de Galicia

Mentira e burla do PP ao modificar a ILP para equiparar a sanidade de Lugo co resto de Galicia

Mentira e burla do PP ao modificar a ILP para equiparar a sanidade de Lugo co resto de Galicia

HulaA deputada socialista Concepción Burgo criticou hoxe a “hipocresía do goberno do PP e de Feijóo” por aceptar a Iniciativa Lexislativa Popular para levar hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear a Lugo para emendala no debate parlamentario e cambiar completamente o seu sentido. A Lei foi aprobada hoxe co voto en solitario do PP.

A deputada socialista censurou a “mentira e burla do PP, de Feijóo e do portavoz do PP en Lugo e deputado Jaime Castiñeira” aos lugueses e luguesas logo de comprometerse a equiparar estes servizos sanitarios co resto das provincias galegas. Denunciou a “cobardía política” de Castiñeira, que “non tivo a valentía de defender as emendas do PP a esta Lei porque sabe que van contra os dereitos dos lugueses e luguesas”.

Acusounos de aceptar a iniciativa lexislativa sabendo que querían “cambiar radicalmente a vontade cidadá por intereses do goberno” incumprindo ademais unha proposición non de Lei socialista no mesmo sentido aprobada por unanimidade no Parlamento.

Dixo que o PP “non ofreceu nin unha soa palabra explicando por qué se negan estes servizos á provincia de Lugo” e explicou que o motivo é “para beneficiar ao goberno e non dar os servizos”. Explicou que o PP cambiou o texto ata o punto de que en lugar de modificar a Lei de Saúde cambia a Lei de Garantías Sanitarias, co que “non compromete nada, pero abre a porta á transferencia de pacientes á sanidade privada”.

A deputada luguesa sinalou que “si cren que cunha sucesión de mentiras, medias verdades, enganos e trucos van calar á sociedade, están equivocados” porque, engadiu, “non van calar aos veciños e veciñas de Lugo nin tampouco aos socialistas galegos”.

Condena

Burgo sinalou que o presidente da Xunta, desmentindo o seu compromiso, condena aos lugueses e luguesas enfermos de cancro a facer rutas de ata 10 horas para recibir 15 minutos de radioterapia. Ao mesmo tempo, dixo, “condenan aos lugueses a non sobrevivir a un infarto de miocardio” que teña lugar mais tarde das tres da tarde, cando pecha o servizo.

Ademais, explicou que o PP cambia “un servizo hemodinámica 24 horas” por “procedementos de hemodinámica” ou substitúen a “equidade” en función das “condicións de calidade” pola “garantía das prestacións destas especialidades en igualdade de condicións”.

Acusounos de paralizar de forma premeditada a Lei durante 9 meses para retrasar ao máximo posible a implantación da unidade de medicina nuclear “no mellor dos casos ata ben entrado o ano 2017”.

Lembrou que a Sociedade Española de Cardioloxía recomenda a hemodinámica 24 h para unha poboación dispersa como a da provincia, mentres a SE de Radioloxía recomenda 6 aceleradores por cada millón de habitantes, mentres Lugo “non ten ningún”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar