"Mentalidade inmobiliaria" co chan industrial da Xunta para agochar 500 millóns de débeda

"Mentalidade inmobiliaria" co chan industrial da Xunta para agochar 500 millóns de débeda

"Mentalidade inmobiliaria" co chan industrial da Xunta para agochar 500 millóns de débeda

O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe a “mentalidade inmobiliaria” da Xunta, que quere manter o elevado prezo do chan industrial para agochar os 500 millóns de euros de débeda que acumulan Xestur e SPI. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamar un plan urxente de xestión e dinamización do solo industrial que foi aprobada parcialmente.

O responsable socialista advertiu que o goberno está a amparar unha “ficción contable” para contabilizar como activos as parcelas industriais e compensar así unha débeda real de 200 millóns de euros da Xestur e os 300 da SPI. A conclusión, explicou, é que na conta da Xunta tan só recoñecen unha débeda de 78 millóns de euros entre tódalas empresas e entidades dependentes da Xunta a costa de manter abandonados 3 millóns de metros cadrados de suelo e 959 parcelas taxadas en 200 millóns de euros.

Sánchez Bugallo reclamoulle ao goberno galego que rebaixe o prezo do chan industrial para permitir impulsar a actividade económica e polo tanto a creación de emprego. Dixo que a costa desta “mentalidade mais inmobiliaria que industrial” a realidade é que a actividade económica permanece paralizada, os rapaces emigran a traballar fora de Galicia e as empresas trasládanse a Portugal, con prezos mais asequibles.

O parlamentario socialista reclamoulle ao goberno galego que traspase a xestión dos parques empresariais titularidade da Xunta da consellería de Territorio á de Economía e Industria. A primeira está a demostrar, explicou, que “non entende os parques industriais son unha infraestrutura ao servizo da comunidade, da creación de emprego e un centro de traballo”.

Esta proposta foi rexeitada polo PP, que si que aprobou sen embargo pedirlle ao goberno galego que “presente con carácter de urxencia un plan para a xestión e dinamización do solo industrial existente en Galicia”. A proposta aprobada hoxe inclúe reclamarlle á Xunta “todas as medidas posibles orientadas a facilitar a adquisición, cesión ou aluguer de chan por parte de empresas interesadas”.

Ademais, propón ofrecer unha “especial atención á implantación de actividades por novos emprendedores e á captación de investimentos” incluíndo medidas de apoio que serán postas en marcha a través do Igape.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

- “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que presente con carácter de urxencia un plan para a xestión e dinamización do solo industrial existente en Galicia, que contemple todas as medidas posibles orientadas a facilitar a adquisición, cesión ou aluguer de chan por parte de empresas interesadas; e prestando especial atención á implantación de actividades por novos emprendedores e á captación de investimentos. No dito plan incluiranse as medidas de apoio que serán postas en marcha a través do Igape”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar