Menos regates aos pacientes en espera e máis persoal para mellorar a xestión sanitaria

Menos regates aos pacientes en espera e máis persoal para mellorar a xestión sanitaria

Menos regates aos pacientes en espera e máis persoal para mellorar a xestión sanitaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de pechar as listas de espera para adulterar unhas cifras “inadmisibles” nun servizo público de calidade. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade celebrada hoxe na Cámara autonómica, na que reclamou “menos regates e máis persoal”.

O responsable socialista puxo sobre a mesa que os datos oficiais “soamente inclúen os das citas xa marcadas, ben sexa para primeira consulta, proba diagnóstica ou cirurxía”, cando os pacientes que xa están en espera son retirados das listas ata o momento de fixarlles unha data. Desta forma “exclúen aos pacientes na conta das cifras oficiais sobre as listas de espera, dando datos enganosos sobre o estado do sistema e das esperas”.

Criticou que a administración sanitaria “regatea” aos doentes obrigándoos a agardar mesmo sen ter concertada unha cita. A pesares destes “regates”, dixo, rexístranse unhas cifras “inadmisibles” nas probas diagnósticas para endoscopias -163 días-, ou unha media de 134 días para estudos varios, incluíndo os 291,6 días de espera para dixestivo.

Torrado lembrou os resultados do Barómetro Sanitario, que sitúa a Galicia como unha as 3 comunidades autónomas peor valoradas, cando 4 de cada 5 usuarios desexa cambios no sistema, e só 3 de cada 10 pacientes consideran que a Atención Especializada mellorou nos últimos anos. Puntualizou que malia que o problema se concentra en atención especializada, o principal foco de preocupación son as listas de espera.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar