Menos oficinas virtuais e máis orzamentos reais para reducir a sinistralidade laboral

Menos oficinas virtuais e máis orzamentos reais para reducir a sinistralidade laboral

Menos oficinas virtuais e máis orzamentos reais para reducir a sinistralidade laboral

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, reivindicou hoxe “menos oficinas virtuais e máis fondos orzamentarios” para mellorar a seguridade laboral no sector industrial. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria na Comisión de Industria para mellorar as condicións de traballo da que o PP só aceptou unha das sete propostas dos socialistas.

O responsable socialista advertiu que os orzamentos do Instituto Galego de seguridade e Saúde Laboral pasaron de 10,6 millóns de euros no último orzamento elaborado polo goberno socialista de Touriño, en 2009, ata os apenas 6 millóns de euros do último orzamento de Feijóo, o de 2017 agora vixente.

Losada explicou que grazas ao desleixo do goberno de Feijóo, Galicia é hoxe “a terceira Comunidade Autónoma con máis accidentes laborais por número de traballadores”. Advertiu que esta situación deriva conxuntamente da desregulación “brutal” do mercado laboral, o adelgazamento do sector público, perdendo capacidade de seguimento e inspección, e da caída dos niveis de formación dos traballadores e traballadoras.

O parlamentario socialista presentou unha proposta con oito puntos dirixidos a reducir a sinistralidade laboral na industria galega, dos que o PP tan só aceptou un. Así, a Comisión aprobou establecer un sistema de información sobre os prazos para realizar as inspeccións periódicas.

O PP vetou sen embargo establecer tarifas que permitan que as empresas realicen o seu traballo de xeito adecuado, establecer criterios coordinados no procedemento de auditoría de calquera máquina e instalación industrial, ou esixir seguros de Responsabilidade Civil acordes aos traballos a realizar.

Tampouco aceptaron pedirlle ao goberno galego que nos orzamentos de 2018 se dote dos medios materiais e humanos suficientes para os instrumentos de control da seguridade industrial, facer públicas as actividades do Consello Interdepartamental de Seguridade Industrial e presentar anualmente os plans de inspección realizados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar